A pegada de Rosalía está moi presente en Compostela, a nosa cidade, e tamén na historia de Cantigas e Agarimos. Como mostra de respecto e agradecemento, Cantigas organiza o vindeiro sábado 14 de decembro unha homenaxe á nosa escritora nacional, evocando o lugar do seu nacemento. Ó longo desta xornada poderemos coñecer algúns dos aspectos máis persoais de Rosalía. Aquí tedes o programa:
SÁBADO 14 DE DECEMBRO
11:30h Roteiro "Rosalía por Compostela", acompañado por Mercedes Espiño. Saída desde o Monumento a Manuel Ventura Figueroa (escalinata que comunica a Alameda e o Campus Sur). Inclúe unha ofrenda...
Cantigas e Agarimos celebra o centenario da súa fundación co espectáculo “Retrincos: unha gala para os cen anos”, no que se recollen todos os aspectos artísticos relacionados coa Agrupación ó longo deste século de vida: música, baile e teatro, desde unha visión retrospectiva con moita retranca e que dista do mero percorrido cronolóxico pola súa traxectoria. Un narrador moi especial estará acompañado de máis de 90 persoas para escenificar, nunha proposta actual e emotiva, algúns dos persoeiros e momentos máis importantes da historia de Cantigas, que son tamén parte da historia de Galicia e de moitas xeracións de galegos e...
[29 xullo 1921-29 xullo 2021]
Alguén dixo máis dunha vez que, nas agrupacións como a nosa, o importante é a institución en si e non tanto as persoas que ao longo da súa historia pasaron por ela. E temos para nós que quen así pensa non vai falto de razón: as persoas van, imos pasando, e a institución segue aí, en pé. Certo é. Pero non é menos certo que as institucións non son outra cousa que o resultado das xentes que as compoñen, daquelas persoas que ao longo da súa historia foron quen de ila adubando día a día co seu bo facer. E, por sorte, en Cantigas desas persoas sempre tivemos dabondo: desde Bernardo del Río, Enrique Sánchez Guerra e aqueles...