Cantigas e Agarimos // Agrupación folclórica

Información

Fundada no ano 1970

A Escola de Muiñeira de Cantigas e Agarimos fundouse no ano 1970. Na década dos 70, funcionou basicamente como escola de baile e gaita coa finalidade de complementar as actividades do coro. Non será ata o ano 1981 no que a Escola colle un pulo renovado polo interese da Agrupación en transmitir os valores da nosa cultura tradicional e polo baleiro existente -daquela- neste tipo de ensino. A partir de aquí, a Escola pasa a ser concibida como un elemento esencial para garantir o futuro da Agrupación, xa que é a principal vía que Cantigas e Agarimos ten de transmitir a cultura tradicional galega ás novas xeracións.

Conta con 4 seccións (baile, pandeireta e canto, gaita e percusión), así como o complemento de linguaxe musical, nas que se imparten clases ó longo do curso escolar e ás que asisten nenos/as e adultos procedentes de Santiago e comarca, así como de diferentes puntos de Galicia. Nos seus máis de 30 anos de existencia, levan pasado polas súas diferentes seccións máis de 3.000 persoas; contando nos últimos dez anos cunha media de 150 alumnos/as por curso.

Consulte os premios da escola