Cantigas e Agarimos // Agrupación folclórica

Baile

Quen somos

O grupo de baile de Cantigas tivo unha aparición posterior con respecto ó coro, no ano 1969. Non por este motivo quedou atrás: hoxe en día é un dos grupos de baile tradicional máis recoñecidos de Galicia, tendo como obxectivo a investigación e interpretación do noso folclore evitando que rompa a cadea de transmisión. O grupo realiza un importante traballo de recuperación de bailes, músicas, traxes, etc por todo o país, que se volven a presentar ante o pobo intentando ser fieis ós orixinais. Na actualidade, o grupo de baile está composto por persoas que na súa maioría foron formadas na Escola de Muiñeira de Cantigas e Agarimos.