CAMIÑO NOVO, homenaxe a Rosalía de Castro
A pegada de Rosalía está moi presente en Compostela, a nosa cidade, e tamén na historia de Cantigas e Agarimos. Como mostra de respecto e agradecemento, Cantigas organiza o vindeiro sábado 14 de decembro unha homenaxe á nosa escritora nacional, evocando o lugar do seu nacemento. Ó longo desta xornada poderemos coñecer algúns dos aspectos máis persoais de Rosalía. Aquí tedes o programa:
SÁBADO 14 DE DECEMBRO
11:30h Roteiro “Rosalía por Compostela”, acompañado por Mercedes Espiño. Saída desde o Monumento a Manuel Ventura Figueroa (escalinata que comunica a Alameda e o Campus Sur). Inclúe unha ofrenda floral no monumento a Rosalía de Castro no paseo da Ferradura. Necesaria inscrición previa en contacto@cantigaseagarimos.es
21:00h Concerto-Homenaxe “Camiño Novo” no Teatro Principal a cargo do coro Cantigas e Agarimos, acompañado pola sección instrumental (entrada de balde ata completar o aforo). Interpretarase o Himno á Gloriosa Rosalía escrito por Ramón Cabanillas con música de Manuel Valverde, co gallo da inauguración do Momumento á Rosalía.
Colaboran: Deputación da Coruña, Cultura da Deputación da Coruña, Pazo de Raxoi, Casa de Rosalía