Colaboración da Escola de Cantigas e Agarimos no desfile da Cabalgata de Reis.
Ano 2019
Colaboración do coro e grupo instrumental coa banda de Música de Arca
Ciclo Danza 3 AGADIC – Folclore na Rúa (XOC). Concellos de Riveira, Noia, Marín e Portomarín (Musical).
Actuación da charanga de Cantigas e Agarimos no “Baile das Inrmandades”, Serán 02 na Cidade da Cultura.
Concerto conxunto dos Coros Históricos en Ourense polo centenario do coro De Ruada.
Colaboración do Coro e Grupo Instrumental na proxección e fogos do Apóstolo no Pazo de Raxoi.
Concerto conxunto dos Coros Históricos en Pontevedra co gallo do centenario do Concerto Homenaxe a Perfecto Feijoo.
Participación do coro na presentación da Exposición dos Coros Históricos no Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela. Organiza o Consello da Cultura Galega.
Espectáculo conxunto de XOC (Xacarandaina, O Fiadeiro e Cantigas e Agarimos) no Teatro A Fundación (Vigo).
Outorgamento do Premio Manuel Beiras “Distinción Especial” a Cantigas e Agarimos. Concede a Cámara de Comercio e Concello de Santiago
Ano 2018
Participación no Serán 01. I Encontro Galego de Cultura Popular, na Cidade da Cultura. Participación do grupo instrumental e pandereteiras no Foliadón + Stand de Coro Históricos + Stand XOC
Ciclo Danza 3 AGADIC – Folclore na Rúa (XOC). Concellos de Vedra, Allariz, Monforte de Lemos e Caldas de Reis (Musical).
Presentación no Teatro Principal do disco de Cantigas e Agarimos, “O Corazón Aberto”
Especial LUAR das Festas do Apóstolo. Interven o Coro de Cantigas e Agarimos
Colaboración do Grupo Instrumental na proxección e fogos do Apóstolo no Pazo de Raxoi.
Representación de “balbino” en Vila de Cruces
Presentación en Cambados do disco de Cantigas e Agarimos, “O Corazón Aberto”. Reestrea do “Himno a Gloriosa Rosalía”
Outorgamento da “Medalla de Ouro da 2019″ a Cantigas e Agarimos. Concello de Santiago
Colaboración do coro coa Banda de Música de Santiago de Compostela
Colaboración dun cuarteto de gaita coa Asociación de Corais Compostelanas nunha misa na Igrexa de San Francisco. Interpretan as misas do Padre Feijoo
Ano 2017
Homenaxe a Morgan no Teatro Principal o día 14 de xaneiro (Coro e grupo instrumental).
Viaxe a Palermo (Sicilia) dunha representación do grupo instrumental ao Festival Sponde Sonore. Actuación e obradoiros de pandeireta, baile e percusións miúdas.
Ciclo Danza 3 AGADIC – Folclore na Rúa (XOC). Concellos de Muros, Sanxenxo e Oroso.
Actuación na Feira de Artesanía de Agolada (Coro e grupo instrumental).
Colaboración das Pandereteiras na proxección e fogos do Apóstolo no Pazo de Raxoi.
Cantigas e Agarimos representa a Galicia no Festival Intercéltico de Lorient.
Concerto conxunto da Banda Xuvenil da Banda de Meaño e o Coro de Cantigas e Agarimos.
Representación de “balbino” no Auditorio Carmen Estévez. Ciclo Danza 3, AGADIC + Concello de Vilalba.
Concerto de Treixadura coa colaboración do coro de Cantigas e Agarimos no Festival de Ortigueira.
Concerto de Treixadura coa colaboración do coro de Cantigas e Agarimos no San Froilán.
Ciclo de Coros Históricos de Cántigas da Terra.
Especial Alalá (TVG) no Mosteiro de Carboeiro.
Ano 2016
Homenaxe Xosé Neira Vilas na Cidade da Cultura organizado pola Xunta de Galicia. (Grupo de baile e grupo instrumental).
Concerto “Día das Letras Galegas”, Coro Cantigas e Agarimos + Banda de Música de Santiago de Compostela. Praza de Praterías.
Homenaxe as Irmandades da Fala no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, organizada pola Real Academia Galega. Participación dos catro coros históricos, Cántigas da Terra, Toxos e Froles, Coral de Ruada e Cantigas e Agarimos.
Ciclo Danza 3 AGADIC – Folclore na Rúa (XOC). Concellos de A Baña, Vila de Cruces e Palas de Rei.
Concerto de Treixadura nas Festas da Peregrina, coa colaboración do coro de Cantigas e Agarimos e a Banda de Música de Pontevedra.
Actuacións do Coro de Cantigas e Agarimos nas vilas de Negreira e Marín. Ciclo “Cultura Culturea”, organizado pola Consellería de Cultura da Xunta.
VII Premio Xabier Prado “Lameiro”, que organiza e concede a Coral De Ruada, foille concedio, por unanimidade do xurado, á Agrupación Folclórica CANTIGAS E AGARIMOS de Santiago de Compostela.
Representación de “balbino” no Auditorio Valga. Ciclo Danza 3, AGADIC + Concello de Valga.
Ciclo de Coros Históricos “Especial Centenario” Cántigas da Terra. Coa participación dos catro coros históricos, Cántigas da Terra, Toxos e Froles, Coral de Ruada e Cantigas e Agarimos.
Ano 2015
Estrea de “balbino” no Auditorio de Galicia. Ciclo Danza 3, AGADIC + Concello de Santiago.
Luar 1000 (Palacio de Congresos de Santiago de Compostela).
Colaboración Coro Cantigas e Agarimos coa Banda de Música de Santiago de Compostela, no Ciclo de Música Contemporánea (Auditorio de Galicia)
Ciclo Coros Históricos, organizado por Cántigas da Terra (Teatro Rosalía de Castro)
Xira do coro na presentación do disco “Vendima Tarda” de Treixadura. Pontevedra, A Coruña, Ferrol, Ourense, Cambados (Festa do Albariño), Lugo (San Froilán).
Concerto do coro Cantigas e Agarimos. Actos do 100 aniversario de Cántigas e Aturuxos (Lugo).
Ciclo Danza 3 – XOC: Folclore na Rúa – Concello de A Baña e Agadic.
Ciclo Danza 3 – XOC: Folclore na Rúa – Concello de Barco de Valdeorras e Agadic.
Concerto do coro Cantigas e Agarimos. Actos do centenario de Toxos e Froles na praza de Amboaxe (Ferrol).
Concerto conxunto Coro Cantigas e Agarimos + Banda de Música de Santiago de Compostela. Praza de Praterías nas Festas do Apóstolo.
Ano 2014
Gravación para o programa “Spain 360º”, producido pola compañía malasia “Parlo Tours”.
Teatro Jofre. Actos do 100 aniversario de Toxos e Froles (Ferrol).
III Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia (Agolada).
Ciclo Danza 3 – XOC: Folclore na Rúa – Concello de Marín e Agadic.
Ciclo Danza 3 – XOC: Folclore na Rúa – Concello de Lourenzá e Agadic.
Ciclo Danza 3 – XOC: Folclore na Rúa – Concello de Rianxo e Agadic.
X Ciclo de Coros Históricos Cántigas da Terra de A Coruña.
Colaboración do coro na gravación do disco “Vendima Tarda” de Treixadura. Realizada no teatro AFundación (Vigo).
Xira do coro na presentación do disco “Vendima Tarda” de Treixadura. Vigo, Ribadumia e Santiago de Compostela.
Magosto no Gaiás. Taghaitaí + Cantigas e Agarimos nun concerto homenaxe a Juan Bello Mallou e Basilio Carril.
Ano 2013
La Spangna a Bari, Turgalicia (Bari – Italia)
VI Festa Galega (Malpica).
Ciclo Danza 3 – XOC: Folclore na Rúa – Concello de Marín e Agadic.
Ciclo Danza 3 – XOC: Folclore na Rúa – Concello Celanova e Agadic.
Ciclo Danza 3 – XOC: Folclore na Rúa – Concello O Barco de Valdeorras e Agadic.
No Bico un Cantar – CRTVG
Finalistas nos I PREMIOS GALEGOS DA MÚSICA MARTÍN CÓDAX.
Ano 2012
I Encontro de Coros Tradicionais Cantares no Miñor organizado polo Coro Tradicional Cantares do Brión.
Ciclo Danza 3 – XOC: Gala “Lela” en A Estrada – Concello de A Estrada e Agadic.
Ciclo Danza 3 – XOC: Gala “Lela” en Palas de Rei: Concello de Palas e Agadic.
Grazas mil: Acto de homenaxe e exposición na Biblioteca Pública Ánxel Casal polo 50 aniversario da primeira representación en Galicia de “Os vellos non deben de namorarse”.
II Mostra Etnográfica do Eixo Atlántico en Viana do Castelo – Portugal.
Ano 2011
Premio Manuel Lourenzo Barxa concedido a Cantigas e Agarimos polo Real Coro Toxos e Froles de Ferrol.
Gala “Lela” en Padrón: Concello de Padrón e Excma. Deputación de A Coruña.
Gala “A Galicia do futuro” da TVG: Treixadura e Cantigas e Agarimos.
Berrogüetto e pandereteiras de Cantigas e Agarimos na Quintana: Festas do Apóstolo.
Festival San Roque 2011 – Vilagarcía de Arousa.
Gala “Lela” en Noia: Concello de Noia e Excma. Deputación de A Coruña.
Festas de San Antolín – Palencia.
Festa da Queimada en Carnota.
Berrogüetto e pandereteiras de Cantigas e Agarimos no San Froilán de Lugo.
VII Ciclo de Coros Históricos Cántigas da Terra de A Coruña.
IV Premio Andaina Senlleira dos premios Opinión de Música Folk.
Premio San Martiño de normalización lingüística – A Estrada.
Ciclo Danza 3 – XOC: gala “Lela” en Xinzo de Limia – Concello de Xinzo e Agadic.
Ano 2010
Programa luar – TVG: Amancio Prada e pandereteiras de Cantigas e Agarimos.
XXIV Mostra de Folclore / XXIV folklore erakusketa de Sestao.
Gala 24 de xullo – Especial TVG: Cantigas e Agarimos con Amancio Prada, Rosa Cedrón e Treixadura.
Ciclo Danza 3 – XOC: Gala “Como cho conto” en Verín.
Ciclo Danza 3 – XOC: Gala “Como cho conto” en Vilalba.
VI Ciclo de Coros Históricos Cántigas da Terra de A Coruña.
Programa Alalá – TVG: Especial nadal 2010.
Berrogüetto e pandereteiras de Cantigas e Agarimos no concerto de nadal da Universidade de Vigo.
Ano 2009
Participación no V Ciclo de Coros Históricos (A Coruña), organizado pola coral Cántigas da Terra.
III Certame Internacional de Ruada [Ourense], organizado pola Coral de Ruada.
XXII Concurso de Baile e Música Tradicional de Cantigas e Agarimos.
Participación no XLI Domingos Folclóricos de Portomarín [Lugo].
XIV Encontro Folclórico Malveiras, en Vilagarcía [Pontevedra].
Participación no XIII Festival Tromentelo, en Cangas do Morrazo [Pontevedra].
Acto de recoñecemento e Exposición fotográfica na Casa das Asociacións de Cornes co gallo do 88 aniversario da fundación de Cantigas e Agarimos, organizado polo Concello de Santiago.
Ano 2008
Participación no ciclo “DANZA 3”, organizado pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, con actuacións en Domaio – Moaña [Pontevedra], Noia [A Coruña], Melide [A Coruña], Vilalba [Lugo] e Sarria [Lugo].
Actuación en Trabada [Lugo] dentro do ciclo VAI DE CAMIÑO organizado pola Concellería de Innovación e Industria e a S. A. Xacobeo.
Participación no IV Ciclo de Coros Históricos organizado por Cántigas da Terra de A Coruña.
Participa no “38 Festival Interceltique de Lorient” [Bretaña - Francia].
Ano 2007
Participación no ciclo “DANZA 3”, organizado pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, con actuacións en Verín [Ourense], Lourenzá [Lugo], Arteixo [A Coruña], Foz [Lugo], onde presentou o seu espectáculo de música e baile tradicional titulado “NA ALGALIA”.
Participación no III Ciclo de Coros Históricos organizado por Cántigas da Terra de A Coruña.
Ano 2006
Gala de celebración do 85 Aniversario no Auditorio de Galicia.
Participación no Festival Intercéltico de Ortigueira.
Participación no II Ciclo de Coros Históricos organizado por Cántigas da Terra de A Coruña.
Ano 2005
Participación no Festival de Música Tradicional “Toxos e Xestas”, en Barcelona.
Participación no I Ciclo de Coros Históricos organizado por Cántigas da Terra de A Coruña.
XXI Concurso de Baile e Música Tradicional de Cantigas e Agarimos.
III Encuentro Folklórico (Val de San Lorenzo, León)
Ano 2003
Participación na Semana de Galicia nos centros de El Corte Ingles de Cornellá e Barcelona.
Participa no “Festival Folclórico de Sestao”, organizado polo Colexio La Salle de Bilbao.
XIX Concurso de Baile e Música Tradicional de Cantigas e Agarimos.
Ano 2002
Participación no II Concurso de Baile Tradicional Galego “AZALOIRA” como grupo invitado, gañador da edición 2001.
Participación no “XXII Festival Internacional de Folclore da Cidade de Porto”, celebrado entre os días 24 e 28 de xullo.
XVIII Concurso de Baile e Música Tradicional de Cantigas e Agarimos.
Ano 2001
XVII Concurso de Baile e Música Tradicional de Cantigas e Agarimos.
Participación no “36 Festival de Villancicos” organizado por Caixa Nova.
Participación na III Mostra de Corais Galegas “GALICIA CANTAT” organizada polo IGAEM.
Celebración do festival conmemorativo do LXXX Aniversario da Agrupación, celebrado no Teatro Principal de Santiago de Compostela.
Participación no I Concurso de Baile Tradicional Galego “AZALOIRA”, no que consegue o 1º Premio.
Ano 2000
XVI Concurso de Baile e Música Tradicional de Cantigas e Agarimos.
Participación no festival “Andanças 2000” en San Pedro do Sul [Portugal].
Participación na II Mostra de Corais Galegas “GALICIA CANTAT” organizada polo IGAEM.
Premio “Luar” a Agrupacións Folclóricas.
Premio Iar ao Folclore Galego na súa IX edición.
Ano 1999
XV Concurso de Baile e Música Tradicional de Cantigas e Agarimos.
Xira artística realizada entre o 17 e o 27 de maio en Wakayama [Xapón], dentro dos intercambios culturais Galicia – Wakallama. Camiño de Santiago – Camiño Kumano.
Actuación no “Festival Folclórico de Villarrobledo” [Albacete].
Viaxe a EE.UU. co gallo de participar nos actos conmemorativos da Semana da Hispanidade, destacando a actuación na Biblioteca do Congreso dos EEUU, en Washington.
Ano 1998
XIV Concurso de Baile e Música Tradicional de Cantigas e Agarimos.
Participación no “28 Festival Intercéltique de Lorient” [Bretaña – Francia].
Ano 1997
Viaxe a Andorra e a Alemaña.
XIII Concurso de Baile e Música Tradicional de Cantigas e Agarimos.
Participa no “Festival Internacional de Folclore” de Pamplona.
Actuación no festival conmemorativo do “XXV Aniversario do Hospital Xeral de Galicia”.
O grupo de pandereteiras participa no “Festival Illa Terceira” nas Azores [Portugal].
Participación no “Festival Cabuérniga – Música de los Pueblos del Norte” celebrado en Ruente [Cantabria].
Ano 1996
XII Concurso de Baile e Música Tradicional de Cantigas e Agarimos.
Festival conmemorativo do “LXXV Aniversario da Agrupación” celebrado no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago.
Participación no “V Premio IAR de Folclore Galego”, celebrado no Teatro Rosalía de Castro [A Coruña].
Colabora co grupo BERROGÜETO no seu traballo titulado “Navicularia”.
Ano 1995
XI Concurso de Baile e Música Tradicional de Cantigas e Agarimos.
Actuación no “Festival Intercéltico de Moaña”.
Actuación na TVG nun programa especial co gallo da “Capitalidade Cultural Europea” de Santiago de Compostela.
Participa na “Homenaxe ao Gaiteiro” celebrado en Vigo.
Ano 1993
IX Concurso de Baile e Música Tradicional de Cantigas e Agarimos.
Actuación para as autoridades que representan ás Comunidades Autónomas de España con motivo do Xacobeo´93.
Ano 1992
Actuación en Sevilla dentro das actividades da EXPO´92.
VIII Concurso de Baile e Música Tradicional de Cantigas e Agarimos.
Actuación diante das Autoridades Españolas e Europeas participantes na “Asamblea de las Regiones de Europa”, celebrada en Santiago de Compostela.
1º Premio no “Festival Internacional de Danza” celebrado en Pineda de Mar [Barcelona].
Ano 1990
VI Concurso de Baile e Música Tradicional de Cantigas e Agarimos.
Participación no “XX Festival Intercéltique de Lorient” [Bretaña – Francia].
Ano 1988
V Concurso de Baile e Música Tradicional de Cantigas e Agarimos.
Actuacións en Barcelona e Londres.
Ano 1987
Viaxe a Barcelona e actuación no encontro “Sitges i les comunitats autónomes, 87”.
Viaxe a Ciudad Real para participar no “Festival de la Seguidilla”.
IV Concurso de Baile e Música Tradicional Cantigas e Agarimos.
Participa na película dirixida por José Luis Cuerda, “El Bosque Animado”.
Ano 1986
Colabora co grupo MILLADOIRO no seu traballo titulado “Galicia no país das maravillas”.
III Concurso de Baile e Música Tradicional Cantigas e Agarimos.
Ano 1985
Viaxe a Bruxelas para representar a Galicia en “Europalia 85”.
1º Premio non concurso “GENTE JOVEN” da TVE.
II Concurso de Baile e Música Tradicional Cantigas e Agarimos.
Ano 1984
Actuación no Círculo das Artes de Lugo nos actos de homenaxe ás corais, organizado por Caixa Galicia.
Actuacións en Ribeira, na Festa do Mariñeiro de Rianxo, no Domingo de Pasquilla en Padrón, na Festa do Emigrante de Bembibre.
Organización do III día da Muiñeira e participación no I Día da Muiñeira de Lalín e no VII Festival Celta, celebrado no Parque de Castrelos de Vigo.
Actuación en diversas parroquias de Os Ancares (Lugo) en agradecemento á boa acollida que diversos membros de Cantigas e Agarimos recibiron dos veciños e veciñas nas súas xeiras de recollida de música e baile tradicional.
Participación nos actos festivos co gallo da apertura de curso da USC.
I Concurso de Baile e Música Tradicional Cantigas e Agarimos.
Ano 1983
Organización do II día da Muiñeira.
Actuación na III Festa do viño do Ulla, nas Festas do Verán de Negreira e nas Festas de San Caralampio en Melide.
2º Premio na XV Xornadas de Folclore Galego de Santiago.
Participación no IV Festival Folclórico Villagarciano, celebrado en Vilagarcía de Arousa.
Ano 1982
Organización do I día da Muiñeira.
Actuación en Arzúa, na VII Feira do Queixo; en Vedra, na II Festa do viño do Ulla, nas Festas do Carme en Vilagarcía, nas de San Cristóbal de Santa Comba, na XXIX edición da Festa do Albariño de Cambados.
Actuación na I Semana de Galicia en Madrid.
Ano 1981
Actuación dentro das Xornadas Culturais organizadas polo Círculo Mercantil e Industrial Unidade de Fene, co gallo do Día das Letras Galegas.
Actuación en Taragoña, co gallo dos actos do VII Aniversario do Centro Cultural e Deportivo desa vila.
Ano 1980
Participación nas XII Xornadas de Folclore Galego de Santiago, onde acada o 1º Premio.
Participación no XIII Concurso Rexional de Gaitas de Ponteareas.
Participación no I Encontro Minho-Galaico de Grupos Folclóricos celebrado en Ronfe, Guimarâes (Portugal).
Participación no Programa-Concurso Gente Joven de TVE.
Actuación nas festas da cidade de Cáceres.
Ano 1979
Participación nas XI Xornadas de Folclore Galego de Santiago.
Actuación, xunto con Toxos e Froles e Cántigas da Terra, nas Festas do Apóstolo.
Ano 1978
Actuación en Cee, Fisterra, Paiosaco, A Baña e Arteixo na inauguración oficial das oficinas da Caixa de Aforros de Santiago nas ditas vilas.
Actuacións en Rianxo, nos actos de homenaxe a Castelao.
Actuación en Padrón co gallos dos actos do 93 aniversario do pasamento de Rosalía, organizados polo Padroado Rosalía de Castro.
Actuacións en Vigo, no Festival Folclórico de Canción e Baile organizado co gallo das festas de Vigo, na II Semana de Cultura Galega de Cee, na I Mostra de Folclore Galego de Ordes, e en Ribadeo, O Pino, Rois, Silleda e Cuntis.
Ano 1977
Participación no “VII Festival Interceltique de Lorient” – Bretaña [Francia] e concesión por parte da alcaldía da cidade bretona da Medalla de Prata da Cidade de Lorient, entrega polo seu rexedor M. Lagarde.
Participación no Certamen de la Canción Coral Gallega, organizado polo Banco de Crédito e Inversiones.
Publicación do long play editado por Columbia, cun total de 26 cancións, baixo a batuta do director Rosendo Mato.
2º Premio nas IX Xornadas de Folclore Galego de Santiago.
Ano 1976
Mapoula de Prata no “XII Festival de la Canción de Primavera” de Alcázar de San Juan (Ciudad Real).
Actuación no Festival Folclórico celebrado en Vigo co gallo das festas da cidade olívica, xunto coa coral Toxos e Froles de Ferrol.
Actuación nas festas de Noia e Muxía.
Ano 1975
Viaxe a Barcelona para participar, xunto coa Coral Casablanca de Vigo e a Masa Coral Lonxe da terra do Centro Galego de Barcelona, nas II Xornadas de Galicia en Cataluña, celebradas no Palau da Música do cidade Condal.
Viaxe a Alcázar de San Juan (Ciudad Real) para participar no “XI Festival de la Canción de Primavera”, no que se acada o 1º premio, coñecido co nome de “Mapoula de Ouro”.
Na homenaxe a Rosalía co gallo do 90 aniversario da súa morte, o Padroado Rosalía de Castro faille entrega a Cantigas dun Pergameo de Socio de Honra do dito Padroado [15.07.1974].
Participación nas VII Xornadas de Folclore Galego de Santiago e nos VIII Domingo Folclóricos de Portomarín (Lugo) e no Festival folclórico “Así é Galicia” de A Coruña.
Actuación na Homenaxe de Galicia a Castelao en Rianxo co gallo do XXV aniversario do seu pasamento.
Actuacións nas Festas do Nazareno de Proba do Caramiñal e do San Froilán en Lugo.
Ano 1974
Actuación en Arteixo, nas VI Xornadas de Folclore Galego de Santiago e actuación en Ribadeo.
Ano 1973
Viaxe a Arxentina coa colaboración da Caixa de Aforros de Santiago. Actuacións en Bos Aires, Mar da Prata e Montevideo, baixo a dirección de Atilano Pereira Varcia.
Ano 1972
Actuación en Taragoña e Palmeira, na inauguración oficial das oficinas da Caixa de Aforros de Santiago nas ditas vilas.
Actuación nas Festas de San Lázaro en Ourense, nas festas de verán de Boiro e no San Froilán de Lugo.
Organización de diversos actos con motivo do Día das Letras Galegas, celebrados na Aula de Cultura da Caixa de Aforros de Santiago.
Actuación no Hostal dos Reis Católicos co gallo dos actos de irmandade Zaragoza-Santiago.
Actuación co gallo da inauguración do Museo Rosaliano na Casa da Matanza de Padrón.
2º Premio nas IV Xornadas de Folclore Galego de Santiago.
Ano 1971
Actuación no Auditorio Cultural da Caixa de Aforros de Vigo, xunto co Orfeón Terra a Nosa.
Actuación nos actos de Semana Santa de Braga, Portugal.
Participación no “Festival Internacional de Matosinhos”, en Porto.
Celebración dos actos conmemorativos da VODAS DE OURO da Agrupación, acompañados de catorce agrupacións folclóricas galegas, o 27 de xuño.
Medalla de Prata da Cidade de Santiago de Compostela e Diploma ao Mérito Cultural e Artístico concedidos pola Corporación Municipal.
Actuación dentro do programa de actos solemnes organizados polo Padroado Rosalía de Castro co gallo da recepción oficial das obras de restauración da Casa-Museo de Rosalía.
Actuacións nas festas patronais de Vilagarcía.
A Sección de Baile da Escola de Muiñeira de Cantigas e Agarimos pasa a ser dirixida por Xavier Villasenín Codesido, corista e bailarín da agrupación.
Ano 1970
O grupo de gaiteiros da agrupación formado por Basilio Carril, Juan Bello Mallou e Ramón Bello Mallou conseguiu o 2º Premio no VIII Concurso Rexional de Gaitas de Vigo.
1º Premio no III Concurso de Gaitas do País de Santiago de Compostela e 3º no concurso celebrado na cidade de Lugo.
Actuacións en Noia e Lalín, e para a segunda cadea da TVE.
Ponse en marcha a súa Escola de Muiñeira. A sección de baile estaba dirixida por Adela García Fandiño e a sección de Gaita polo profesor da Banda Municipal de Música, D. Ricardo Fernández Pereira, que facía tamén de asesor do grupo de gaiteiros do coro.
Ano 1969
Para conmemorar o Día das Letras Galegas créase o espectáculo teatral “As alforxas do vello copleiro”, dividido en tres tempos, sobre testos de Xenaro Mariñas e a escenificación da obra do mesmo autor, A serpe e Pequena farsa dos amores desencontrados. Este espectáculo repetiuse nas Festas do Apóstolo e nas Festas de Vilagarcía.
Participación nos actos das Vodas de Ouro da Coral de Ruada de Ourense.
Participación nas I Xornadas de Folclore Galego de Santiago e representación da obra Dous monifates e unha farsa, de Xenaro Mariñas del Valle e arranxos musicais de Rosendo Mato.
Actuación nas Festas Patronais de Vilagarcía de Arousa, A Proba do Caramiñal e Porto do Son. Nesta última vila, o coro participou na primeira misa celebrada en galego na dita vila.
O grupo de gaiteiros formado por Basilio Carril, Juan Bello Mallo, Ramón Bello Mallou e Crisanto Sanmartín conseguen o 1º Premio no IV Concurso de Gaitas de Ponteareas e 2º Premio no Concurso de Gaitas de Mondoñedo, neste caso o grupo estaba formado por Basilio Carril, Juan Bello Mallo, Crisanto Sanmartín e José Vidal.
Ano 1968
Organización da primeira misa en galego en Santiago de Compostela, celebrada na Igrexa de San Bieito do Campo [03.03.68], que -debido ao éxito acadado- logo se tivo que trasladar á Capela das Ánimas. A devandita primeira misa en galego foi oficiada polo daquela profesor do Seminario, Xosé Ramón Barreiro Fernández, hoxe Presidente da Real Academia Galega.
Participación nos actos do Día de Galicia celebrados en San Domingos de Bonaval.
Gaita de Prata [2º Premio] no VII Concurso Rexional de Gaitas de Vigo. Reciben tamén unha gaita regalada por Mr. Le Voyer, fabricante de instrumentos musicais da Bretaña francesa. Estas gaitas galegas construídas en ébano de Mozambique, estaban adornadas con cores galegas, bretonas e escocesas.
Actuación na Fábrica de Tabaco de A Coruña.
Ano 1967
Co gallo dos actos do Día das Letras Galegas represéntase a peza dramática As bágoas do demo, de Ramón de Valenzuela Otero.
Reposición de O Fidalgo de Jesús San Luis Romero, como homenaxe póstuma ao seu autor.
2º Premio no II Concurso de Gaitas de Ponteareas e 1º Premio no VI Concurso Rexional de Gaitas de Vigo. En ámbolos dous concurso a participación de Cantigas e Agarimos estivo representada polos gaiteiros Basilio Carril e Juan Bello Mallou, José Vidal e Ramón Bello (tamboril) e Ricardo Fernández (bombo).
Ano 1966
Participación nas V Xornadas do Día Mundial de Teatro celebradas en Santiago, xunto cos grupos DITEA e ATELLA. A agrupación estreou o auto non sacramental de Xenaro Mariñas del Valle, A obriga.
Gravación dun disco de longa duración coa casa Discorama.
Dentro dos actos do Día das Letras Galegas, lectura escenificada de A noite vai coma un río de Álvaro Culqueiro, A farsa da zocas de R. Carballo Calero e Catuxa de Hollighan de Yeats.
Participación nos actos celebrados en San Domingos de Bonaval, en colaboración co Padroado Rosalía de Castro e a Agrupación Cultural O Galo.
Actuación nas festas patronais de San Padro do Sul [Portugal], A Coruña e Vilagarcía.
Participación nos actos con motivo das Vodas de Ouro de Cántigas da Terra de A Coruña.
1º Premio no Concurso Rexional de Gaiteiros, celebrado en Ponteareas, e participación e 6º premio no V Concurso Rexional de Gaitas de Vigo. En ámbolos dous concurso a participación de Cantigas e Agarimos estivo representada polos gaiteiros Basilio Carril e Juan Bello Mallou, José Vidal (tamboril) e Ricardo Fernández (bombo).
Ano 1965
Participación nos actos con motivo do Día das Letras Galegas. Ofrenda floral a Rosalía de Castro no monumento á súa honra no paseo da Ferradura de Santiago.
Actuación nas festas de Porto do Son e Negreira.
Estreo do poema dramático en dous actos de Xenaro Mariñas del Valle, A Revolta, no Hostal do Reis Católicos, logo representada tamén en A Coruña.
Participación na película arxentina dirixida por Armando Hermida Luaces, titulada “Alma Gallega”, que se estrearía o 22 de setembro de 1966.
Ano 1964
En Padrón e co gallo da entrega do Pedrón de Ouro a Rey Romero, o grupo de teatro pon en escea “Os vellos non deben de namorarse” de Castelao.
Actuación conxunta co coro Aturuxo e a Banda Municipal de A Coruña para a escenificación nesa cidade de “A morte do gaiteiro”.
Participación nos actos de celebración das Vodas de Ouro do Real coro Toxos e Froles de Ferrol.
Ano 1963
Participación en Vigo no III Concurso Rexional de Gaitas e 1º Internacional.
Homenaxe a Crisanto Sanmartín Beiroa, dentro dos actos do Día do corista.
Gravación dun disco coa casa Columbia. Dirixe o coro Rosendo Mato, axudado por Miguel de Santiago.
Participación en Pontevedra no V Festival da Canción Galega.
Representación de Os vellos non deben de namorarse en San Domingos de Bonabal (Santiago) e en Santa Uxía de Riveira.
Ano 1962
Participa cos outros coros históricos de Galicia no festival de corais celebrado na Quintana, co gallo das Festas do Apóstolo.
Actuación nas festas de A Coruña, xunto co coro de Cántigas da Terra.
Ano 1961
Estrea en Europa da obra de Castelao, Os vellos non deben de namorarse. Tivo lugar o día 25 de xullo, na Praza da Quintana e baixo a dirección artística de Rodolfo López Veiga, membro do Instituto Internacional do Teatro da UNESCO, e arranxos musicais de Rosendo Mato, daquela director do coro. Sería escenificada tamén nas festas de Vilagarcía e nas de San Froilán de Lugo.
Estrease en Lugo a obra de Juan María Gallego Tato, Los hombres pueden ser dioses.
Actuacións nas Festas da Ascensión de Santiago e nas festas de Taragoña.
Actuación para o III Congres International Saint Jacques de Compostelle – Espagne et Portugal.
Ano 1960
Participa no “II Festival Luso-Galaico de Folclore” celebrado en Meadela, Viana do Castelo [Portugal].
Actuacións en Noia, Marín, Vilagarcía de Arousa, Ribadavia e Taboada (Lugo).
Colaboración para a gravación da película arxentina Alma de Galicia.
Ano 1959
Inauguración oficial do local na Algalia de Arriba nº 11 – Baixo. [08.02.1959]
Posta en escena de “Estampas Gallegas”, no Teatro Principal de Santiago e en Santa Cruz de Rivadulla.
Actuación nas festas patronais de Monforte de Lemos, A Coruña e Porto do Son.
Actuación no Hostal dos Reis Católicos diante do embaixador dos EEUU e membros do Congreso Norteamericano de visita oficial en Santiago.
Participación no concurso de masas corais celebrado en Lugo con motivo das Festas do San Froilán.
Ano 1958
Actuación en Padrón no “Día de Rosalía”, dentro das Festas da Pascua.
Actuacións nas festas patronais de Santa Uxía de Riveira, Portosín e Porto do Son.
Ano 1957
Actuación co gallo da inauguración en Padrón do monumento a Rosalía de Castro.
Actuación -o 25 de xullo- na Praza da Quintana de Santiago, xunto co coro Aturuxo de Coruña.
Actuación en Pontedeume, dentro dos actos das Festas da Virxe do Carme.
Por primeira vez púidose chegar a local propio baixo a presidencia do Marqués de Figueroa, que desenvolvería este labor desde 1953 a 1969.
Ano 1956
Actuación nas festas patronais de Ferrol, xunto con Toxos e Froles.
Actuación nas festas patronais de Rianxo.
Ano 1955
Xeira de actuacións por diversas festas: Festas do Apóstolo, nas Festas Patronais de A Proba do Caramiñal, no San Froilán de Lugo e no Domingo das Mozas de Ribadeo.
Reposición da zarzuela “A leenda de Montenegro” do mestre Bernardo del Río no Teatro Principal de Santiago [06.07.55].
Ano 1954
Prodúcese a independencia da Obra Sindical de Educación e Descanso, acolléndose á da Masa Coral Compostelana do Círculo Mercantil e Industrial, e retoma o seu nome orixinal de Cantigas e Agarimos. A presentación oficial do renovado coro e do novo vestiario lévase a cabo o 17 de xullo na festa galega celebrada no Parque de Verán do Círculo Mercantil e Industrial, emprazado detrás de Santa Clara; actuación que se repetiría ao día seguinte nas Festas do Carme de Arzúa.
Actuación o 21 de xullo aproveitando a Homenaxe a Rosalía de Castro organizada polo Centro Santiago de Compostela de Bos Aires, e participación nas Festas do Apóstolo xunto con grupos de Barcelona, Teruel e Salamanca.
Xeira de actuacións por distintas vilas de Galicia: Santa Uxía de Ribeira, Vila de Cruces, Noia e Marín.
Ano 1953
Baixo a dirección artística de Francisco Rodríguez e a presidencia de D. Juan Gil Armada (Marqués de Figueroa), celébrase no Teatro Principal de Santiago un festival-homenaxe póstumo á Bernardo del Río. O programa consistiu na representación da zarzuela “A leenda de Montelongo” do ex-director xunto á actuación do coro, o grupo de gaitas e o corpo de baile. O éxito acadado pola actuación levou a ter que repetila en outras localidades da bisbarra como Padrón, A Estrada e Vilagarcía.
Ano 1952
Xira por Madrid, -no mes de maio-, e gravacións en RNE. Aproveitando a xira, grávase no Centro Galego de Madrid, o disco de gramófono que fixo popular a canción “A Rianxeira”, e que foi récord de vendas.
De volta da xira, o 6 de outubro, morre D. Bernardo del Río e faise cargo da dirección do coro D. Francisco Rodríguez.
Ano 1951
Actuacións en diferentes vilas de Galicia: nas Festas da Virxe das Mercedes, en Corcubión, no Cine Avenida de Rianxo e en Ponte Caldelas.
Actuacións no Teatro Principal e na Sala Capitol de Santiago, así como no Coliseo Xesteira de Ourense.
Ano 1949
Gaña o 1º Premio no “Certame Rexional de Coros Galegos” celebrado en Lugo.
Ano 1945
Xira por Asturias, con actuacións en Avilés, Xixón e Oviedo, na que colleita grandes éxitos.
Ano 1943
Xiras por Madrid e Cuenca.
Ano 1940
A coral ten que acollerse á proposta de encadrarse na Obra Sindical de Educación e Descanso e renunciar ao seu nome, pasando a denominarse Masa Coral Gallega “Rosalía de Castro” de Santiago.
Ano 1939
O local de ensaio trasládase a unha aula da “Sociedade Económica”, en San Clemente.
Ano 1930
Diversas actuacións en teatros galegos e na radio.
Ano 1929
Invitación para actuar na Exposición Universal de Barcelona e na de Sevilla que non se puido levar a cabo pola imposibilidade de desprazamento de varios dos seus membros. Polo mesmo motivo non se puideron facer gravacións para dúas casas discográficas de Madrid e Barcelona.
Neste mesmo ano non se puido atender á proposta dunha xira por as Américas pois os que a facían só se comprometían a pagar a viaxe de ida e anticipar unha cantidade para os preparativos. A Xunta Directiva esixía, ademais, o depósito nun Banco do importe da viaxe de volta, polo que non se puido pechar o trato.
Ano 1925
Participación na película de “La Casa de la Troia”, producida por Troia Films e dirixida por Manuel Noriega e A. Pérez Lugín.
Representación da zarzuela A leenda de Montelongo no Teatro Tamberlik, de Vigo.
Ano 1924
Presentación no Salón Teatro de Santiago e no Teatro Rosalía de Coruña da zarzuela A leenda de Montelongo, con libreto de Manuel Rei Posse e J. Buhigas Olavarrieta e música de Bernardo del Río.
Participación na parte coral “Comparsa de Juglares” e nos “Coros de Peregrinos” do drama La Reina Lupa de Manuel Vidal Rodríguez, posto en escena en homenaxe ao Arcebispo Lago González na súa toma de posesión da sede compostelana.
Ano 1923
Actuacións en Coruña, Pontevedra, Ferrol e Lugo.
A “Liga de Amigos” agasalla a Cantigas cunha Bandeira bordada.
Ano 1922
Actuación nas Festas do Apóstolo de Santiago, no Teatro Social.
Ano 1921
O 29 de xullo, co gallo das Festas do Apóstolo, ten lugar no Teatro Principal de Santiago de Compostela a presentación oficial de CANTIGAS E AGARIMOS.
Ano 1920
Ano da creación da Agrupación CANTIGAS E AGARIMOS, nos locais do Centro Católico Obreiro de Santiago. Estaba presidida por Salvador Cabeza de León e o seu director era Bernardo del Río. O feito de contar con mulleres no grupo provocou desavinzas co ideario do Centro Católico Obreiro, sendo os locais da Unión Protectora de Artesáns quen lle dá acubillo.
Ano 1917
Creación en Santiago da agrupación coral “QUEIXUME DOS PINOS” presidida por Salvador Cabeza de León, con Luís Porteiro Garea como vicepresidente e Bernardo del Río como director, á que se considera o precedente directo do que logo sería Cantigas e Agarimos. A súa saída ao público viuse frustrada pola chegada da epidemia de gripe do ano 1918, que acabou coa metade dos seus membros, incluído o seu vicepresidente Luís Porteiro Garea.