Novo curso 2022-2023
MATRÍCULA DO NOVO CURSO 2022-2023 (Comezo de clases o 3 DE OUTUBRO):
A partires do 3 e outubro, se alguén quere matricularse, terá que facelo por teléfono (618 518 524) ou por correo electrónico (escola@cantigaseagarimos.es)
- Matrícula para alumnos que xa cursaron no 21-22:
- Datas: do 7 ao 18 de setembro
- A matrícula farase online. Recibirán as indicacións no seu mail uns días antes.
- Matrícula para NOVOS ALUMNOS:
- Datas: do 19 ao 30 de setembro
- A matrícula farase online. Habilitarase un formulario nesta páxina na que cubras os teus datos e indiques as actividades as que queiras asistir.
- Despois poñeriamonos en contacto teléfonico ou por mail para confirmar todos os datos e asignación de grupo e horario
Se tes algunha dúbida podes contactar no novo e-mail: escola@cantigaseagarimos.es ou no teléfono 618 518 524
- Actividades colectivas:
- Baile tradicional
- Iniciación a música e baile tradicional (4 a 5 anos)
- Gaita
- Guitarra
- Música e movemento. Descrición actividade (3 a 5 anos)
- Pandeireta
- Percusión tradicional
- Piano
- Clarinete
- Violín
- Presolfexo Descrición actividade
- Solfexo
- Aulas individuales:
- Acordeón diatónico (Ver prezos)
- Zanfona (Ver prezos)
Prezos por actividade (aulas colectivas): os prezos das actividades son os establecidos nas táboas que aparecen pinchando no seguinte icono.
DESCONTOS:
Desconto por varias actividades: Por anotarse en dúas ou máis actividades farase un desconto de 15,00 € no importe total.
Desconto familiar: Aplicarase un desconto de 10 € por cada membro da mesma familia (pais, fillos ou irmáns) que se matricule nas actividades da escola.
**Os descontos non son acumulables.
ABONO DAS COTAS:
Modalidade pago en efectivo:
- O abono do 1º prazo ou pago único dos prezos das actividades farase no momento de formalizar a matrícula.
- O abono do 2º prazo dos prezos das actividades deberá facerse no noso local, entre os días 9 e 13 de xaneiro de 2023, en horario de 19:00 a 21:00.
- O abono do 3º prazo, deberá facerse no noso local, entre os días 3 e 14 de abril de 2023, en horario de 19:00 a 21:00.
Modalidade pago por transferencia bancaria (IBAN: ES02 2080 0316 20 3040008651, especificando no concepto o nome do alumno e actividade):
- O abono do 1º prazo ou pago único dos prezos das actividades farase antes do 31 de outubro.
- O abono do 2º prazo dos prezos das actividades deberá facerse entre os días 9 e 13 de xaneiro de 2023.
- O abono do 3º prazo, deberá facerse, entre os días 3 e 14 de abril de 2023.
NOTA:
- No caso de darse de baixa dalgunha actividade antes do abono do 2º ou 3º prazo, deberá comunicalo cun mes de anticipación.
- No caso de non acadarse un mínimo de alumnos matriculados nunha actividade, a mesma poderá ser suspendida.
- Para calquera consulta relacionada co pago das cotas, preferiblemente escribe a escola@cantigaseagarimos.es ou chama aos teléfonos 981939084 ou 618518524.
CALENDARIO DO CURSO:
As actividades comezarán o 3 de outubro e finalizarán o venres 16 de xuño de 2023.
Consulta o CALENDARIO ESCOLA (PDF) (JPG) (cos festivos e períodos non lectivos).
*Documento de autorización para a publicación de imaxes dos alumnos