Cantigas e Agarimos // Agrupación folclórica

Novas

Retrincos. Unha gala para os cen anos

Cantigas e Agarimos celebra o centenario da súa fundación co espectáculo “Retrincos: unha gala para os cen anos”, no que se recollen todos os aspectos artísticos relacionados coa Agrupación ó longo deste século de vida: música, baile e teatro, desde unha visión retrospectiva con moita retranca e que dista do mero percorrido cronolóxico pola súa traxectoria. Un narrador moi especial estará acompañado de máis de 90 persoas para escenificar, nunha proposta actual e emotiva, algúns dos persoeiros e momentos máis importantes da historia de Cantigas, que son tamén parte da historia de Galicia e de moitas xeracións de galegos e galegas.

Con textos de Castelao, Neira Vilas e Casares, entre outros, Cantigas convida a gozar destes “Retrincos” a toda a xente que goza coa cultura galega, especialmente a todas aquelas persoas que foron, son e serán parte da gran familia de Cantigas e Agarimos.

…”o certo é que a nós sempre nos gustou bailar”

Día: domingo día 22 de maio as 20:00h.

Lugar: Auditorio de Galicia

Ainda podes mercar a túa entrada no seguinte enlace “ENTRADAS