Cantigas e Agarimos // Agrupación folclórica

A agrupación

Quen somos

A Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela está composta por máis de 80 membros, distribuídos nas seguintes sección:

  • Coro
  • Baile
  • Pandeireta
  • Instrumental

Hoxe en día, Cantigas e Agarimos busca achegar ao público toda a bagaxe das tradicións que configuran o sentir do noso pobo, articulando un espectáculo de calidade, no que tenta trasladar no tempo ao espectador, levándoo nunha viaxe imaxinaria polas nosas raizames.