Treixadura e Cantigas
Cantigas e Agarimos colaborou con Treixadura no concerto do 15 de agosto nas Festas da Peregrina de Pontevedra. Nesta ocasión con varias seccions da agrupación; coro, baile e instrumental.
Cantigas e Agarimos colaborou con Treixadura no concerto do 15 de agosto nas Festas da Peregrina de Pontevedra. Nesta ocasión con varias seccions da agrupación; coro, baile e instrumental.
A Agrupación Folclórica “Cantigas e Agarimos” de Santiago de Compostela fundouse nesta cidade no ano 1921 por iniciativa de Bernardo del Río Parada, Salvador Cabeza de León, Enrique Sánchez Guerra e Camilo Díaz Baliño, sendo unha das agrupacións máis antigas adicadas ó folclore galego. Dende a súa fundación, Cantigas e Agarimos estivo adicada á recuperación, conservación e transmisión da cultura tradicional galega, traballando activamente na consolidación da identidade cultural de Galicia.