A Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos comeza o luns día 9 de setembro o prazo de matrícula para o vindeiro curso.
O período de inscripcións prolongarase ata o día 19 de setembro.
Á parte das materias máis tradicionais como baile, pandeireta, gaita e percusión, zanfona, Cantigas e Agarimos ofrece aulas de acordeón diatónico, piano, guitarra, coro (infantil/xuvenil), clarinete, violín e solfexo, dirixidas a todas as idades. Os máis pequenos tamén teñen cabida nesta Agrupación, con actividades específicas como presolfexo, música e movemento e iniciación á música e baile...
O sábado día 25 de maio terá lugar o concerto Cantigas de Maio, organizado por Cantigas e Agarimos. Neste concerto poderemos ver todo o que aprenderon neste curso 2018-2019, os alumnos e alumnas das seguintes aulas.
Piano
Guitarra
Violín
Cantigas comezou sendo unha escola de baile a música tradicional, pero na que todas as músicas teñen cabida e iso é algo que do que todxs estamos moi orgullosxs.
Non perdades a oportunidade de ver o traballo de monitorxs e alumnxs, sábado 25 ás 12:00 no local de Cantigas e Agarimos (antigo CEIP Ramón Cabanillas, rúa Castiñeiriño, 21). Esperámosvos!
No seu compromiso por ampliar coñecementos arredor da música tradicional, Cantigas e Agarimos ofrece de novo un curso de iniciación á harmonía tradicional e arranxo folc.
Pedro Pascual axudaranos a comprender dende un nivel cero os principios básicos da harmonía moderna co obxectivo de ampliar o noso concepto da música tradicional, respectando e comprendendo as fontes de orixe e adecuándose ó arranxo. Dirixido a todas as persoas con coñecementos básicos de linguaxe musical e con interese en coñecer as normas e aspectos básicos que interveñen na harmonía moderna ou tradicional.
...