O proxecto Danza 3 levado a cabo conxuntamente entre o AGADIC e as agrupacións Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, Xacarandaina de A Coruña, e o grupo de baile e música O Fiadeiro de Vigo, pretende dignificar e amosar a riqueza do extenso e amplo patrimonio inmaterial da Cultura Galega.
Nesta ocasión, o proxecto pretende acercar o folclore á rúa levando a cada unha destas agrupación a distintos Concellos da xeografía galega.
A Agrupación Cantigas e Agarimos, que conta con seccións de Baile, Pandereteiras, Instrumental e Coro, acercase aos Concellos de Celanova, Marín e o Barco os días 10 de Agosto, 8 e 13 de...
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, XESÚS VÁZQUEZ ABAD, presentaron hoxe, na Sala Eisenman da Cidade de Cultura de Galicia o programa "Danza 3. Folclore na rúa", para a difusión do baile e a música tradicionais, que protagonizan as agrupacións Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, O Fiadeiro de Vigo e Xacarandaina da Coruña.
Xunto ao conselleiro, participaron neste acto JACOBO SUTIL, director da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais); AMPARO PÉREZ, vicepresidenta de Cantigas e Agarimos; RAFAEL CRESPO, director musical do Fiadeiro; e ISMAEL MARCOS, gaiteiro de...
A Xunta apoia a candidatura do baile e da música tradicionais galegos como patrimonio cultural inmaterial da humanidade.
Vázquez Abad e Anxo Lorenzo reuníronse hoxe con representantes de Cantigas e Agarimos, Xacarandaina e O Fiadeiro para avanzar na presentación da candidatura perante a Unesco.
A Consellería confirmou no encontro que impulsará a declaración de BIC como primeiro paso dun proceso que ten como obxectivo a posta en valor e o recoñecemento da cultura tradicional galega.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria apoiará a solicitude de declaración do baile e da música galega...