Cantigas e Agarimos // Agrupación folclórica

Novas

Presentación Danza3

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, XESÚS VÁZQUEZ ABAD, presentaron hoxe, na Sala Eisenman da Cidade de Cultura de Galicia o programa "Danza 3. Folclore na rúa", para a difusión do baile e a música tradicionais, que protagonizan as agrupacións Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, O Fiadeiro de Vigo e Xacarandaina da Coruña. Xunto ao conselleiro, participaron neste acto JACOBO SUTIL, director da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais); AMPARO PÉREZ, vicepresidenta de Cantigas e Agarimos; RAFAEL CRESPO, director musical do Fiadeiro; e ISMAEL MARCOS, gaiteiro de...

A Xunta apoia a candidatura

A Xunta apoia a candidatura do baile e da música tradicionais galegos como patrimonio cultural inmaterial da humanidade. Vázquez Abad e Anxo Lorenzo reuníronse hoxe con representantes de Cantigas e Agarimos, Xacarandaina e O Fiadeiro para avanzar na presentación da candidatura perante a Unesco. A Consellería confirmou no encontro que impulsará a declaración de BIC como primeiro paso dun proceso que ten como obxectivo a posta en valor e o recoñecemento da cultura tradicional galega.   A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria apoiará a solicitude de declaración do baile e da música galega...

Festival Fin de Curso 2012-2013

O sábado 22 de xuño farase o Festival de fin de curso, na memoria de "Bernardo del Río", fundador de Cantigas e Agarimos. Terá lugar no noso local(Antigo CEIP Ramón Cabanillas) as 18:30 h. Nel poderemos ver unha mostra de todo o que aprenderon os alumnos o longo do curso, tanto de baile, pandeireta, gaita e percusión, como das novas aulas de piano, guitarra e acordeón.
< 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 >