Cantigas e Agarimos // Agrupación folclórica

Novas

Reserva a túa praza

O prazo de prematrícula na Escola de Cantigas e Agarimos para o curso 2014-2015 comeza o mércores día 11 de xuño. As actividades dispoñibles son baile, clarinete, gaita, guitarra, música e movemento, iniciación á música e baile tradicional, pandeireta, percusión tradicional, piano, presolfexo, solfexo, requinta e zanfona. Ademais, no novo curso contaremos con 3 novas actividades: acordeón, violín e canto. As persoas interesadas poderán descargar e cubrir o seguinte formulario:  "RESERVA A TÚA...

99 Aniversario Toxos e Froles

O Sábado 31 de Maio ás 20:30 no Teatro Jofre o Toxos vai celebrar o seu 99 Aniversario. Este ano contaremos coa presenza da Coral "De Ruada" de Ourense e do Grupo de Baile de "Cantigas e Agarimos" de Santiago de Compostela. E como non actuará o Grupo Instrumental "Manuel Lorenzo" e o Real Coro "Toxos e Froles". A entrada é libre e gratuita e estarán a disposición do público nas taquillas do teatro a partir do Martes 20 de Maio. ...

Spain 360º

Cantigas e Agarimos colaborou a través de "Santiago de Compostela Film Commission" nun programa monográfico sobre Santiago de Compostela producido pola compañía malasia "Parlo Tours". O programa forma parte da serie “Spain 360º” que consta de 13 capítulos de emisión semanal nos que se mostran as principais cidades de España e que serán emitidos en Singapur nos próximos meses. Deste xeito, Cantigas e Agarimos contribúe unha vez máis á difusión internacional da música e o baile tradicionais galegos, traballo que vén realizando desde a orixe da Agrupación. Na súa canle de Youtube...
< 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 >