Cantigas e Agarimos // Agrupación folclórica

Novas

Baile Tradicional: Patrimonio da Humanidade

Co motivo do Día Internacional da Danza, o colectivo XOC, formado por tres asociacións con actividade no eido do folclore galego: Xacarandaina (A Coruña), O Fiadeiro (Vigo) e Cantigas e Agarimos (Santiago), quere facer público o seguinte comunicado: O Día Mundial da Danza celébrase desde o ano 1982 co obxectivo de darlle visibilidade á danza e captar a atención do público en xeral, agrupando nun día común de exaltación e celebración a tódalas disciplinas dancísticas. En Galicia, desde tempos inmemoriais existe o baile tradicional como manifestación artística propia, cunha extraordinaria riqueza de movementos e...

Pedro Brañas, nova etapa.

O ano 2013 comezou con novidades en Cantigas e Agarimos. A sección de baile inicia unha nova etapa, xa que desde o mes de xaneiro Pedro Brañas pasou a asumir a dirección artística. Pedro ten demostrada experiencia neste eido, xa que dirixe as seccións de baile e pandeireta do grupo Trébede da A.C. Loaira (Marín) e leva moitos anos como compoñente e tamén como mestre de baile e pandeireta en diversos grupos da provincia de Pontevedra (Grupo de música tradicional Vilarachos de Pontevedra, A.C.F. Trompos ós Pés de Marín, etc). Realiza tamén un importante traballo de recuperación etnográfica e precisamente este coñecemento da música e do baile tradicional levárono a...

Magosto 12

O venres 9 de novembro, terá lugar no noso local, o "Magosto 12". Queda convidado todo o alumnado da Escola de Cantigas e Agarimos deste curso 2012-2013. Haberá dúas sesións: Magosto/merenda e "Foliada" para os/as máis cativos/as (18:00 h.). Magosto/pinchos e "Foliada" para os adultos (21:00 h.). Aquí podes descargar o cartel.
< 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 >