Cantigas e Agarimos // Agrupación folclórica

Novas

Magosto no Gaiás

Taghaitaí + Cantigas e Agarimos O 28 de novembro chega á Cidade da Cultura unha das nosas festas máis tradicionais: o Magosto no Gaiás. Será o venres 28 de novembro cunha festa cento por cento galega na que homenaxearemos a dous grandes mestres da gaita: Basilio Carril no centenario do seu seu nacemento; e Xan Bello Mallou, que nos deixou hai un ano. Taghaitaí, acompañados de Cantigas e Agarimos, porán a foliada e A Cantina do Gaiás, en colaboración coa Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia, as bebidas e as castañas. O magosto comezará ás 20 horas na entrada do...

Matricúlate para o curso 2014-2015

A Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos comeza o vindeiro luns día 15 de setembro o prazo de matrícula para o curso 2014-2015.
 O período de inscripcións prolongarase ata o día 26 de setembro. Á parte das materias máis tradicionais como baile, pandeireta, gaita e percusión, Cantigas e Agarimos ofrece aulas de piano, requinta, clarinete, acordeón, solfexo e guitarra dirixidas a todas as idades. Este curso abriranse aulas de materias novas: canto, zanfona, acordeón e violín. Os/as máis pequenos tamén teñen cabida nesta Agrupación, con actividades específicas como presolfexo, música e movemento e iniciación á...

Danza3 – 2014

O proxecto Danza 3 levado a cabo conxuntamente entre o AGADIC e as agrupacións Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, Xacarandaina da Coruña, e o do extenso e amplo patrimonio inmaterial da cultura galega. Nesta ocasión, o proxecto pretende acercar o folclore á rúa levando a cada unha destas agrupación a distintos concellos da xeografía galega. A Agrupación Cantigas e Agarimos, que conta con seccións de Baile, Pandereteiras, Instrumental e Coro, acércase aos Concellos de Rianxo, Marín e Lourenzá os días 30 de agosto, 7 de setembro e 5 de outubro. Nestas actuacións, a Agrupación Cantigas e Agarimos,...
< 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 >