Cantigas e Agarimos // Agrupación folclórica

Matrícula

Novo curso 2025 > 2026

MATRÍCULA DO NOVO CURSO 2025-2026 (Comezo de clases o 1 DE OUTUBRO):

  • Matrícula para alumnado que xa estivo no curso 24-25:
    • Datas: do 1 ao 14 de setembro
    • A matrícula farase online. Recibirán as indicacións no seu mail.
  • Matrícula para NOVO ALUMNADO:
    • Datas: do 15 ao 30 de setembro
    • A matrícula farase online. Habilitarase un formulario nesta páxina na que cubras os teus datos e indiques as actividades as que queiras asistir.
    • MATRÍCULA 25>26
  • Despois poñeriámonos en contacto teléfonico ou por mail para confirmar todos os datos e asignación de grupo e horario
  • Se tes algunha dúbida podes contactar no novo e-mail: escola@cantigaseagarimos.es ou no teléfono 618 518 524

Unha vez rematado o prazo habilitado para novos alumnos, se alguén quere matricularse, terá que facelo por teléfono (618 518 524) ou por correo electrónico (escola@cantigaseagarimos.es)

  • Aulas colectivas:
  • Baile tradicional
  • Iniciación a música e baile tradicional (4 a 5 anos)
  • Gaita
  • Guitarra
  • Música e movemento. Descrición actividade (3 a 5 anos)
  • Pandeireta
  • Percusión tradicional
  • Piano
  • Presolfexo Descrición actividade
  • Solfexo
  • Aulas individuales:
  1. Acordeón diatónico (Ver prezos)
  2. Zanfona (Ver prezos)

 

Prezos por actividade (aulas colectivas): os prezos das actividades son os establecidos nas táboas que aparecen pinchando no seguinte icono.

Prezos 2025>2026

DESCONTOS:

Desconto por varias actividades: Por anotarse en dúas ou máis actividades farase un desconto de 15,00 € no importe total.
Desconto familiar: Aplicarase un desconto de 10 € ao segundo membro membro da mesma familia en primeiro grao (pais, fillos ou irmáns) que se matricule nas actividades da escola.

**Os descontos non son acumulables.

ABONO DAS COTAS:

Modalidade pago en efectivo:

    • O abono do 1º prazo ou pago único dos prezos das actividades farase no momento de formalizar a matrícula, no caso que sexa presencial, ou nos primeiros días de clase no caso de que se fixera de xeito telemático.
    • O abono do 2º prazo dos prezos das actividades deberá facerse no noso local, entre os días 12 e 16 de xaneiro de 2026, en horario de 19:00 a 21:00h.
    • O abono do 3º prazo, deberá facerse no noso local, entre os días 13 e 17 de abril de 2026, en horario de 19:00 a 21:00h.


Modalidade pago por transferencia bancaria (IBAN: ES02 2080 0316 20 3040008651, especificando no concepto o nome do alumno e actividade):

    • O abono do 1º prazo ou pago único dos prezos das actividades farase antes do 31 de outubro.
    • O abono do 2º prazo dos prezos das actividades deberá facerse entre os días 12 e 16 de xaneiro de 2026.
    • O abono do 3º prazo, deberá facerse, entre os días 13 e 17 de abril de 2025.

Modalidade pago por DOMICILIACIÓN BANCARIA (NOVO)

    • O recibo do 1º prazo ou pago únicofarase o día 1 de novembro de 2025.
    • O recibo do 2º prazo farase o día 16 de xaneiro de 2026.
    • O recibo do 3º prazo farase o día 17 de abril de 2026.

NOTA:

    • No caso de darse de baixa dalgunha actividade antes do abono do 2º ou 3º prazo, deberá comunicalo cun mes de anticipación.
    • No caso de non acadarse un mínimo de alumnos matriculados nunha actividade, a mesma poderá ser suspendida.
    • Para calquera consulta relacionada co pago das cotas, preferiblemente escribe a escola@cantigaseagarimos.es ou chama aos teléfonos 981939084 ou 618518524.

 

CALENDARIO DO CURSO:

As actividades comezarán o 1 de outubro e finalizarán o venres 19 de xuño de 2026.

Consulta o CALENDARIO ESCOLA (PDF) (JPG) (cos festivos e períodos non lectivos).