Prazo de matrícula: do 19 ao 30 de setembro.
A matrícula realizarase de forma online a través do seguinte formulario:
<<<< MATRÍCULA ONLINE >>>>
Actividades: baile tradicional, pandeireta, gaita, percusión tradicional, zanfona, acordeón diatónico, piano, guitarra, violín, clarinete e solfexo, dirixidas a todas as idades. Xs máis pequenxs contan con actividades específicas como presolfexo, música e movemento e iniciación ao baile e...
Cantigas e Agarimos celebra o centenario da súa fundación co espectáculo “Retrincos: unha gala para os cen anos”, no que se recollen todos os aspectos artísticos relacionados coa Agrupación ó longo deste século de vida: música, baile e teatro, desde unha visión retrospectiva con moita retranca e que dista do mero percorrido cronolóxico pola súa traxectoria. Un narrador moi especial estará acompañado de máis de 90 persoas para escenificar, nunha proposta actual e emotiva, algúns dos persoeiros e momentos máis importantes da historia de Cantigas, que son tamén parte da historia de Galicia e de moitas xeracións de galegos e...
O luns 21 de febreiro, teremos a presentación do libro "O toque pechado" do gaiteiro e artesán Pablo Seoane Méndez. Será ás 20:30 horas na Aula Algalia 11, no local de Cantigas e Agarimos.
Trátase dunha publicación que agroma logo de dous anos de intenso traballo. Nel recóllense unha escolma de exercicios específicos e 150 partituras (todas tradicionais) divididas en 3 niveis de dificultade. O obxectivo deste libro é o de poder axudar a todos/as os/as gaiteiros/as que se propoñan aprender ou mellorar no toque pechado para a gaita de fol galega.