Cantigas e Agarimos // Agrupación folclórica

Directores

marina_FV

Marina Fdez. Vigo

Marina Fdez. Vigo posúe o Título Superior en Interpretación na especialidade de Instrumentos da Música Tradicional e Popular de Galicia, o Mestrado de Teatro e Artes escénicas e o Mestrado en Formación do Profesorado. Paralelamente, fórmase na Escola Municipal de Música Tradicional e Folk de Vigo.

Respecto á súa actividade como intérprete, actualmente é integrante da OFG Sondeseu e Os Melidaos; gaiteira e directora da charanga Trébede, e arranxista e gaiteira do grupo Cantometrics. Participa nas gravacións dos discos Danzas Brancas e Beiralúa (Sondeseu), Colleita propia (Pablo F. Rial), ExNovo (B-Flecha) e Cantometrics (Cantometrics). Ten acadado premios como gaiteira e percusionista nos principais certames do país, así como dous Premios Martín Códax da Música Galega co conxunto Áureas en 2017 e con Os Melidaos en 2024.

En relación á actividade docente, é mestra de gaita e percusión na asociación Vai de Roda (Rianxo), directora da banda de gaitas María Soliña (Cangas do Morrazo) e do Grupo de Música Tradicional do Campus de Pontevedra, e profesora de gaita no Conservatorio Profesional de Vilagarcía de Arousa.

É a directora da sección instrumental de Cantigas e Agarimos dende o ano 2022.

roixes_director

Roi Xesteira

Roi é un multiinstrumentista formado desde neno no ámbito tradicional da man do seu pai, Xaquín Xesteira, e da súa avoa, Josefa Losada (Pitusa). Conta cunha sólida traxectoria clásica como bombardinista, formada no CMUS Manuel Quiroga de Pontevedra e na Fontys Academy of Music and Performing Arts (Tilburg, NL).

Participou en bandas de música como as de Ribadumia, Cambados, Caldas de Reis, Arcade e Koninklijke Harmonie Orpheus, así como en agrupacións de metais como EpiyBrass e SpaSloLux Euphonium Quartet.

No eido tradicional, integra Os Xeitosiños, Os Xesteira e o Orfeón Treixadura, e colaborou con proxectos como SonDeSeu, Kepa Junkera ou Os Faíscas de Solobeira. É director do C@riño dos Ameneiros de Portonovo e do grupo de cantos de taberna Maravallada de Pontevedra.

Desde setembro de 2025 é o director do coro histórico galego Cantigas e Agarimos.

pedro_director

Pedro Brañas Vázquez

Profesor de baile, pandeireta e canto tradicional en diferentes grupos da provincia de Pontevedra, entre eles Asociación Cinco Lúas de Marcón, Fentos e Froumas de Marín, Grupo de música tradicional Vilarachos de Pontevedra, A.C.F. Trompos ós Pés de Marín, etc. dalgúns dos cales tamén foi compoñente. É tamén o codirector e coordinador do grupo de baile da A.C. Loaira (Trébede) de Marín e director do grupo de pandereteiras desta mesma Asociación.

Realiza un importante traballo de recuperación da tradición etnográfica galega, sendo este coñecemento o que o levou a participar en proxectos tan innovadores e arriscados como Projecto ['trepia].

Dirixe a sección de baile de Cantigas e Agarimos dende o 2013.

Alex Insua

Álex Ínsua Baldomir

Investigador das tradicións populares galegas, a través da recollida e recopilación de datos, músicas e bailes antigos, vestiario, instrumentos, etc. dende 1984.
Profesor de baile, canto, pandeireta e percusión tradicional en diferentes escolas e agrupacións dende o ano 1987. Entre elas, Cantigas e Agarimos de Santiago, Xacarandaina de A Coruña, Xiradela de Arteixo, Adro de Baio (Zas), As Neves de Buxantes (Dumbría), Nemeth de Carballo, Raigañas de Cerqueda (Malpica), IAR da Coruña, Centro Social de Cee, Centro Social de Corcubión, Airiños dos Carrís de Cerdido, Lembranzas do Pasado de Baldaio (Carballo), Amas de Casa de Laxe, Atalaia de Caión, Colexio Fogar de Sta.Margarida da Coruña, A Fonte de Fornelos de Fornelos (Zas), Escola Municipal de Dumbría, As Torres de Tallo de Ponteceso.

Ex-compoñente dos grupos de baile e música tradicional, Cantigas e Agarimos de Santiago, Rumbadeira de A Coruña, Xacarandaina de A Coruña, e Xiradela de Arteixo.