Cantigas e Agarimos // Agrupación folclórica

Novas

Presentación Danza3

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, XESÚS VÁZQUEZ ABAD, presentaron hoxe, na Sala Eisenman da Cidade de Cultura de Galicia o programa “Danza 3. Folclore na rúa”, para a difusión do baile e a música tradicionais, que protagonizan as agrupacións Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, O Fiadeiro de Vigo e Xacarandaina da Coruña.

Xunto ao conselleiro, participaron neste acto JACOBO SUTIL, director da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais); AMPARO PÉREZ, vicepresidenta de Cantigas e Agarimos; RAFAEL CRESPO, director musical do Fiadeiro; e ISMAEL MARCOS, gaiteiro de Xacarandaina.

A Consellería patrocina esta nova edición do ciclo, que dará comezo o vindeiro día 10, en colaboración cos nove concellos nos que se desenvolverán as actuacións. As tres agrupacións protagonistas son, ademais, as impulsoras da proposta de candidatura para a declaración do baile tradicional galego como Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade por parte da Unesco.

A rolda de prensa pechouse coa interpretación dunha peza tradicional a cargo dunha parella de baile e as pandeireiteirasde de Cantigas e Agarimos.

 

NOTA DE PRENSA