Obradoiro de pandeireta. Recursos para acompañamento de repertorio de gaita
Para todxs esxs pandeireterxs que tamén queredes aprender a tocar acompañando a unha gaita, este é a vosa oportunidade.
Cantigas e Agarimos organiza un obradoiro de RECURSOS PARA ACOMPAÑAMENTO DE REPERTORIO DE GAITA COA PANDEIRETA, impartido por Xaquín Xesteira Losada.
Neste obradoiro aprenderanse algúns patróns adaptados ós principais ritmos da nosa música tradicional, que nos permitirán ter máis recursos e perder o medo a tocar ó lado dunha gaita.
- Sábado 16 de novembro, de 16:00 a 20.00h.
- Local de Cantigas e Agarimos. Antigo CEIP Ramón Cabanillas. rúa Castiñeiriño, 21. Santiago de Compostela.
- Inscríbete en contacto@cantigaseagarimos.es ou no teléfono 618 518 524. As prazas son limitadas!
Coa colaboración da Deputación da Coruña
