Cantigas e Agarimos // Agrupación folclórica

Novas

Arrincamos!

Co curso comezado, aproveitamos para que vexades algúns dos fermosos e bos momentos de anos anteriores. Fotos de Juan Soriano, ao que aproveitamos para darlle as gracias. LINK FLICKR Que desfrutedes.

Matricúlate ata o 27 de setembro

Cantigas e Agarimos amplia o prazo de matrícula na súa escola ata o día 27 de setembro. Se aínda non tiveches ocasión de achegarte ó noso local (antigo CEIP Ramón Cabanillas, rúa Castiñeiriño, 21 en Santiago de Compostela) poderás facelo no horario habitual de luns a venres, de 19 a 21 h.

Comeza Danza3. Folclore na rúa

O proxecto Danza 3 levado a cabo conxuntamente entre o AGADIC e as agrupacións Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, Xacarandaina de A Coruña, e o grupo de baile e música O Fiadeiro de Vigo, pretende dignificar e amosar a riqueza do extenso e amplo patrimonio inmaterial da Cultura Galega. Nesta ocasión, o proxecto pretende acercar o folclore á rúa levando a cada unha destas agrupación a distintos Concellos da xeografía galega. A Agrupación Cantigas e Agarimos, que conta con seccións de Baile, Pandereteiras, Instrumental e Coro, acercase aos Concellos de Celanova, Marín e o Barco os días 10 de Agosto, 8 e 13 de...
< 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 >