Cantigas e Agarimos // Agrupación folclórica

Novas

Aires da Terra, o legado de Feijóo

Cantigas e Agarimos organiza o próximo sábado 24 de xaneiro o concerto “Aires da Terra: O legado de Feijóo”. Trátase dun proxecto que pretende recuperar os sons e a idea orixinaria que motivou a don Perfecto Feijóo para crear “Aires da Terra” en 1883, o primeiro coro galego e pai dos coros galegos actuais. Os encargados de interpretar os temas son: Suso Vaamonde (gaita e voz), Xosé Lois Romero (tambor, pandeiro e voz), José Manuel Acha (bombo e voz), Xan Herrera (voz), José Luís Garaboa (voz), Xoan Porto (voz), Paulo Chouza Noal...

Juan Carlos Mouzo Scaglione

Estas son as novas que un nunca quixera dar. Para Cantigas é un día moi triste, a perda dun gran amigo, un compañeiro e posiblemente o mellor bombo-pratos do pais. Era un aunténtico luxo tocar ó seu lado, un puntal rítmico e con un gusto exquisito. Aprendemos moito del  e sempre nos quedarán gravadas algunhas das suas frases como, "...encima del escenario hay que ser un señor"  ou  ".... un poco mas de polenta". O noso mais sentido pésame a toda a familia e amigos. Descanse en paz ______________________   ... Por ti, bo amigo, xuramos ter ben aberto o oído para que o teu bombo nos marque no resto da vida o ritmo, abrazar con apego o seu son anque,...

Magosto Foliadeiro 14

O vindeiro sábado 22 de novembro terá lugar no noso local, o Magosto Foliadeiro 14. Comezaremos cuns obradoiros para os máis pequenos, a continuación un pequeno festival con grupos da Escola de Cantigas e Agarimos e contra a noite, castañas e foliada para todos/as. Estás convidado/a! 18:00-20:00h: Obradoiro de manualidades con castañas e xogos populares. (Dous grupos: pequenos e maiores). 20:00h: Festival do magosto. 21:00h: Magosto – Foliada Awen folque Pandereteiras de "Vai de Roda" de...
< 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 >