Cantigas e Agarimos // Agrupación folclórica

Baile

Centenario da fundación de Cantigas e Agarimos

[29 xullo 1921-29 xullo 2021] Alguén dixo máis dunha vez que, nas agrupacións como a nosa, o importante é a institución en si e non tanto as persoas que ao longo da súa historia pasaron por ela. E temos para nós que quen así pensa non vai falto de razón: as persoas van, imos pasando, e a institución segue aí, en pé. Certo é. Pero non é menos certo que as institucións non son outra cousa que o resultado das xentes que as compoñen, daquelas persoas que ao longo da súa historia foron quen de ila adubando día a día co seu bo facer. E, por sorte, en Cantigas desas persoas sempre tivemos dabondo: desde Bernardo del Río, Enrique Sánchez Guerra e aqueles...

VII Premio Xabier Prado “Lameiro”

O VII Premio Xabier Prado “Lameiro”, que organiza e concede a Coral De Ruada, foille concedio, por unanimidade do xurado, á Agrupación Folclórica CANTIGAS E AGARIMOS de Santiago de Compostela. No día de onte reuniuse o xurado nomeado pola CORAL DE RUADA para estudar as candidaturas á sétima edición do PREMIO XABIER PRADO LAMEIRO, co que se pretende, segundo contemplan as súas bases, “…premiar, de xeito simbólico, o labor desinteresado daquelas persoas ou colectivos que destaquen polo seu compromiso coa cultura de Galicia de expresión en idioma galego e de carácter popular, fundamentalmente no eido do folclore e, máis...

CeA na Rede Cultural 2016

O pasado 22 de abril abriu o prazo da convocatoria da Rede Cultural da Deputación da Coruña na que están inscritos máis de 2000 espectáculos, entre eles os de Cantigas e Agarimos. Concellos e asociacións poden solicitar a actuación de grupos e compañías participantes nos circuítos culturais de Deputación da Coruña a través da seguinte ligazón: https://www.dacoruna.gal/REDE_CULTURAL/GruposGl.jsp Cantigas e Agarimos oferta diferentes formatos: grupo de baile, charanga, grupo de pandereteiras ou coro tradicional, que...
< 1 2 3 4 5 6 7 >