Cantigas e Agarimos // Agrupación folclórica

Novas

Cantigas de Maio

O sábado día 25 de maio terá lugar o concerto Cantigas de Maio, organizado por Cantigas e Agarimos. Neste concerto poderemos ver todo o que aprenderon neste curso 2018-2019, os alumnos e alumnas das seguintes aulas. Piano Guitarra Violín Cantigas comezou sendo unha escola de baile a música tradicional, pero na que todas as músicas teñen cabida e iso é algo que do que todxs estamos moi orgullosxs. Non perdades a oportunidade de ver o traballo de monitorxs e alumnxs,  sábado 25  ás 12:00 no local de Cantigas e Agarimos (antigo CEIP Ramón Cabanillas, rúa Castiñeiriño, 21). Esperámosvos!

Curso de iniciación á HARMONÍA TRADICIONAL E ARRANXO FOLC

No seu compromiso por ampliar coñecementos arredor da música tradicional, Cantigas e Agarimos ofrece de novo un curso de iniciación á harmonía tradicional e arranxo folc. Pedro Pascual axudaranos a comprender dende un nivel cero os principios básicos da harmonía moderna co obxectivo de ampliar o noso concepto da música tradicional, respectando e comprendendo as fontes de orixe e adecuándose ó arranxo. Dirixido a todas as persoas con coñecementos básicos de linguaxe musical e con interese en coñecer as normas e aspectos básicos que interveñen na harmonía moderna ou tradicional. ...

Magosto Foliadeiro 18

A Escola de Cantigas e Agarimos organizará o seu magosto o sábado 17 de novembro. Este ano, contaremos co Mago Benxamín co espectáculo “A toda Maxia”. Dará comezo ás 18:30 h. e de seguro que nos fará pasar un bo anaco tanto aos máis cativos da casa coma os máis grandes. Ás 20:00 h. dará comezo o Festival do Magosto da Escola. Serán os monitores de cada grupo os que informen ós alumnos/as da participación no mesmo. Xa máis a noitiña arredor das 22:00h, dará comezo o noso Serán do Magosto no que contaremos con grupos invitados para amenizar a noite. Haberá merenda e castañas para os nenos, e música e castañas para todos/as. Desde Cantigas e Agarimos...
< 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 >