Cantigas e Agarimos // Agrupación folclórica

Novas

CeA na Rede Cultural 2016

O pasado 22 de abril abriu o prazo da convocatoria da Rede Cultural da Deputación da Coruña na que están inscritos máis de 2000 espectáculos, entre eles os de Cantigas e Agarimos. Concellos e asociacións poden solicitar a actuación de grupos e compañías participantes nos circuítos culturais de Deputación da Coruña a través da seguinte ligazón: https://www.dacoruna.gal/REDE_CULTURAL/GruposGl.jsp Cantigas e Agarimos oferta diferentes formatos: grupo de baile, charanga, grupo de pandereteiras ou coro tradicional, que...

balbino

O próximo domingo 27 de decembro as 20:00 h., Cantigas e Agarimos estrea en Compostela o seu novo espectáculo “balbino”. O baile e a música, como recursos obvios, e outros, non tan previsibles pero enormemente relevantes, acompañan a un reparto de máis de 90 artistas e sitúannos no escenario vital dun neno de aldea, pero dende un punto de vista orixinal. A obra de Xosé Neira Vilas serve como punto de partida para crear unha proposta multidisciplinar que medra ao longo das diferentes escenas, na que contaremos con grandes colaboradores, como o departamento de Arquitectura Efémera da EASD MESTRE MATEO ou a compañía de...

Magosto Foliadeiro 15

O vindeiro sábado 7 de novembro terá lugar no noso local, o Magosto Foliadeiro 15. Comezaremos cuns obradoiros para os máis pequenos, a continuación un pequeno festival con grupos da Escola de Cantigas e Agarimos e contra a noite, castañas e foliada para todos/as. Estás convidado/a! 18:30-20:30 h: Obradoiro de manualidades con castañas e xogos populares. (Dous grupos: pequenos e maiores). 20:30 h: Festival do magosto. 22:00 h: Magosto – Foliada Do Fondo do Peto Lina e Lola Fortín da...