balbino
O próximo domingo 27 de decembro as 20:00 h., Cantigas e Agarimos estrea en Compostela o seu novo espectáculo “balbino”. O baile e a música, como recursos obvios, e outros, non tan previsibles pero enormemente relevantes, acompañan a un reparto de máis de 90 artistas e sitúannos no escenario vital dun neno de aldea, pero dende un punto de vista orixinal. A obra de Xosé Neira Vilas serve como punto de partida para crear unha proposta multidisciplinar que medra ao longo das diferentes escenas, na que contaremos con grandes colaboradores, como o departamento de Arquitectura Efémera da EASD MESTRE MATEO ou a compañía de teatro Ditea.
Coidado ao máximo nos detalles, cheo de contido e de sorpresas, “balbino” lanza unha mensaxe sinxela pero moi poderosa.
Venda de entradas:
Online: no servizo de ABANCA no seguinte link
Na billeteira central da Concellería de Acción Cultural, situada no Teatro Principal, en horario de martes a sábado de 18.00 a 21.00h. Ademais tamén poderán adquirirse na billeteira do propio Auditorio de Galicia o día do espectáculo desde as 18.00h ata a hora de comezo do evento.