Cantigas e Agarimos // Agrupación folclórica

escola

Novo curso 2023-2024

A Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos comeza o luns día 11 de setembro o prazo de matrícula para o vindeiro curso, exclusivamente para alumnado activo. Para os novos alumnos e alumnas o prazo será do 21 ao 30 de setembro. Á parte das materias máis tradicionais como baile, pandeireta, gaita e percusión, zanfona, Cantigas e Agarimos ofrece aulas de acordeón diatónico, piano, guitarra, clarinete, violín e solfexo, dirixidas a todas as idades. Os máis pequenos tamén teñen cabida nesta Agrupación, con actividades específicas como presolfexo, música e movemento e iniciación á música e...

Iniciación a Harmonía Tradicional e Folc

Logo do interese despertado polas edicións anteriores, e no seu compromiso por ampliar coñecementos arredor da música tradicional, Cantigas e Agarimos ofrece un novo curso de iniciación á harmonía tradicional e arranxo folc. Pedro Pascual axudaranos a comprender os principios básicos da harmonía moderna co obxectivo de aumentar o noso concepto da música tradicional, respectando e comprendendo as fontes de orixe e adecuándose ó arranxo. O curso está dirixido a todas as persoas con coñecementos básicos de linguaxe musical e con interese en coñecer as normas e aspectos básicos que interveñen na harmonía moderna ou tradicional. ...

Curso 22-23 > Nov@s alumn@s

Prazo de matrícula: do 19 ao 30 de setembro. A matrícula realizarase de forma online a través do seguinte formulario: <<<< MATRÍCULA ONLINE >>>>   Actividades: baile tradicional, pandeireta, gaita, percusión tradicional, zanfona, acordeón diatónico, piano, guitarra, violín, clarinete e solfexo, dirixidas a todas as idades. Xs máis pequenxs contan con actividades específicas como presolfexo, música e movemento e iniciación ao baile e...
< 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 >