Cantigas e Agarimos // Agrupación folclórica

Novas

Novo curso 2023-2024

A Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos comeza o luns día 11 de setembro o prazo de matrícula para o vindeiro curso, exclusivamente para alumnado activo. Para os novos alumnos e alumnas o prazo será do 21 ao 30 de setembro.

Á parte das materias máis tradicionais como baile, pandeireta, gaita e percusión, zanfona, Cantigas e Agarimos ofrece aulas de acordeón diatónico, piano, guitarra, clarinete, violín e solfexo, dirixidas a todas as idades. Os máis pequenos tamén teñen cabida nesta Agrupación, con actividades específicas como presolfexo, música e movemento e iniciación á música e baile tradicional.

Toda a información sobre horarios, grupos, profesores e contidos pode consultarse na web www.cantigaseagarimos.es (sección ESCOLA-MATRÍCULA) ou nos teléfonos 618 518 524 / 981 939 084.

Se tes algunha dúbida podes contactar con nós no novo e-mail:

escola@cantigaseagarimos.es