Cantigas e Agarimos // Agrupación folclórica

Novas

Obradoiro Bombo Pratos

Se che interesa a percusión tradicional e queres iniciarte ou perfeccionar a túa técnica, este obradoiro é para ti! Obradoiro intensivo de BOMBO_PRATOS de catro horas de duración con @roiadrio, recoñecido percusionista con ampla experiencia na música tradicional e contemporánea. Aprenderás a tocar con soltura os patróns rítmicos máis característicos da nosa música, traballando a técnica, a afinación e a expresividade do instrumento. Ademais, haberá tempo para experimentar con arranxos e novas sonoridades, rematando o obradoiro tocando pezas en conxunto, poñendo en práctica todo o aprendido. Sábado 29 de marzo, de 16:00 a...

Iniciación a Harmonía Tradicional e Folc

Logo do interese despertado polas edicións anteriores, e no seu compromiso por ampliar coñecementos arredor da música tradicional, Cantigas e Agarimos ofrece un novo curso de iniciación á harmonía tradicional e arranxo folc. Pedro Pascual axudaranos a comprender os principios básicos da harmonía moderna co obxectivo de aumentar o noso concepto da música tradicional, respectando e comprendendo as fontes de orixe e adecuándose ó arranxo. O curso está dirixido a todas as persoas con coñecementos básicos de linguaxe musical e con interese en coñecer as normas e aspectos básicos que interveñen na harmonía moderna ou tradicional. ...

CAMIÑO NOVO, homenaxe a Rosalía de Castro

A pegada de Rosalía está moi presente en Compostela, a nosa cidade, e tamén na historia de Cantigas e Agarimos. Como mostra de respecto e agradecemento, Cantigas organiza o vindeiro sábado 14 de decembro unha homenaxe á nosa escritora nacional, evocando o lugar do seu nacemento. Ó longo desta xornada poderemos coñecer algúns dos aspectos máis persoais de Rosalía. Aquí tedes o programa: SÁBADO 14 DE DECEMBRO 11:30h Roteiro "Rosalía por Compostela", acompañado por Mercedes Espiño. Saída desde o Monumento a Manuel Ventura Figueroa (escalinata que comunica a Alameda e o Campus Sur). Inclúe unha ofrenda...