Cantigas e Agarimos colaborará con Treixadura no concerto que farán o 15 de agosto nas Festas da Peregrina de Pontevedra. Nesta ocasión van a participar varias seccions da agrupación; coro, baile e instrumental.
Sempre é un pracer con conten con nós. Nesta galería poderás ver algunhas fotos dos ensaios.
O pasado domingo, tivo lugar o XXXIII Concurso de Baile de Xacarandaina, no que a escola de Cantigas conseguiu varios premios.
1º premio na categoría A de baile
1º premio na categoría B de baile
3º premio na categoría D de baile
Mellor bailador e mellor bailadora
Noraboa a tódolos rapaces polo premio.
Esta fin de semana, en Viana do Castelo, participaremos na "Mostra etnográfica do Eixo Atlántico", no que se consolidan os lazos existentes entre o norte de Portugal e Galicia, nunha celebración das raices comúns dos pobos. Podes descargar o programa: Folleto cara A, cara B.