O prazo de prematrícula na Escola de Cantigas e Agarimos, para o curso 2015-2016, comeza o venres día 19 de xuño.
Baile
Canto
Clarinete
Gaita
Guitarra
Música e movemento
Iniciación á música e baile tradicional
Pandeireta
Percusión tradicional
Piano
Presolfexo
Solfexo
Requinta
Zanfona
As persoas interesadas poderán descargar e cubrir o seguinte formulario:
”RESERVA A TÚA...
Cantigas e Agarimos organiza o próximo sábado 24 de xaneiro o concerto “Aires da Terra: O legado de Feijóo”. Trátase dun proxecto que pretende recuperar os sons e a idea orixinaria que motivou a don Perfecto Feijóo para crear “Aires da Terra” en 1883, o primeiro coro galego e pai dos coros galegos actuais.
Os encargados de interpretar os temas son: Suso Vaamonde (gaita e voz), Xosé Lois Romero (tambor, pandeiro e voz), José Manuel Acha (bombo e voz), Xan Herrera (voz), José Luís Garaboa (voz), Xoan Porto (voz), Paulo Chouza Noal...
Estas son as novas que un nunca quixera dar. Para Cantigas é un día moi triste, a perda dun gran amigo, un compañeiro e posiblemente o mellor bombo-pratos do pais.
Era un aunténtico luxo tocar ó seu lado, un puntal rítmico e con un gusto exquisito. Aprendemos moito del e sempre nos quedarán gravadas algunhas das suas frases como, "...encima del escenario hay que ser un señor" ou ".... un poco mas de polenta".
O noso mais sentido pésame a toda a familia e amigos.
Descanse en paz
______________________
... Por ti, bo amigo,
xuramos
ter ben aberto
o oído
para que o teu bombo nos marque
no resto da vida
o ritmo,
abrazar con apego o seu son
anque,...