Cantigas e Agarimos // Agrupación folclórica

Novas

OBRADOIRO DE CONSTRUCIÓN DUN PANDEIRO CADRADO

Queres ter un pandeiro feito por ti? Cantigas e Agarimos oferta un obradoiro de construción de pandeiro cadrado impartido por Xosé Maceda. Non necesitas ter coñecementos previos nin traer ningún material da casa, iremos aprendendo ó mesmo tempo que construímos os nosos pandeiros (tamaño 35x35 cm). Ó remate do obradoiro poderemos quedar co instrumento. VAI SER COSER E CANTAR! Cando: sábado 11 de febreiro de 2017, de 10.00 a 14.00h. Posibilidade de quenda de tarde en función do número de inscricións. ...

CURSO DE INICIACIÓN Á HARMONÍA TRADICIONAL E ARRANXO FOLC

No seu compromiso por ampliar coñecementos arredor da música tradicional, Cantigas e Agarimos ofrece por primeira vez un curso de iniciación á harmonía tradicional e arranxo folc. Pedro Pascual axudaranos a comprender dende un nivel cero os principios básicos da harmonía moderna co obxectivo de ampliar o noso concepto da música tradicional, respectando e comprendendo as fontes de orixe e adecuándose ó arranxo. Dirixido a todas as persoas con coñecementos básicos de linguaxe musical e con interese en coñecer as normas e aspectos básicos que interveñen na harmonía moderna ou tradicional. ...

“balbino” en Valga

A Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos, un dos grupos históricos adicados á recuperación cultura tradicional de Galicia, presenta o seu espectáculo “balbino”, dentro do circuito DANZA3 do AGADIC coa colaboración do Concello de Valga. A representación terá lugar o domingo 20 de novembro, ás 20.00h no Auditorio Municipal de Valga. “balbino” conxuga baile e música como recursos obvios, así como outros non tan previsibles pero enormemente relevantes, que acompañan a un reparto de máis de 90 artistas para situar ao público no escenario vital dun neno de aldea, pero dende un punto de vista orixinal. A novela...
< 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 >