Cantigas e Agarimos // Agrupación folclórica

Novas

Presentación do Libro “O toque pechado”

O luns 21 de febreiro, teremos a presentación do libro “O toque pechado” do gaiteiro e artesán Pablo Seoane Méndez. Será ás 20:30 horas na Aula Algalia 11, no local de Cantigas e Agarimos.
Trátase dunha publicación que agroma logo de dous anos de intenso traballo. Nel recóllense unha escolma de exercicios específicos e 150 partituras (todas tradicionais) divididas en 3 niveis de dificultade. O obxectivo deste libro é o de poder axudar a todos/as os/as gaiteiros/as que se propoñan aprender ou mellorar no toque pechado para a gaita de fol galega.