Cantigas e Agarimos // Agrupación folclórica

Novas

Mostra Etnográfica do Eixo Atlántico

Esta fin de semana, en Viana do Castelo, participaremos na "Mostra etnográfica do Eixo Atlántico", no que se consolidan os lazos existentes entre o norte de Portugal e Galicia, nunha celebración das raices comúns dos pobos. Podes descargar o programa: Folleto cara A, cara B.

Festival Fin de Curso 2011-2012

O sábado 16 de xuño farase o Festival de fin de curso, na memoria de "Morgan". Terá lugar no local de Cantigas (Antigo CEIP Ramón Cabanillas) as 19:00 h.

Cantigas nas Festas da Ascensión

Foron os grupos Cantigas e Agarimos, O Fiadeiro, Colexiata do Sar e Brincadeira os que este xoves, desde o mediodía ata a noitiña, puxeron o son da terra e os bailes tradicionais ante os ollos agradecidos de centos de persoas que aplaudiron agradecidas. Os escenarios para os bailes destas agrupacións foron os propios rueiros, as prazas da zona vella de Compostela. Tal vez a máis axeitada para estas actuacións ao aire libre é a praza de Praterías, gracias ás escaleiras de acceso á Catedral e á praza da Quintana, que fan de gradas naturais nas que o público senta e ten unha perspectiva ideal desde un punto máis alto. As outras prazas nas que o baile galego foi protagonista...