Cantigas e Agarimos // Agrupación folclórica

Novas

Magosto 13

Este sábado 23 de novembro terá lugar no noso local, o "Magosto 13". Queda convidado todo o alumnado da Escola de Cantigas e Agarimos. Aqui podes ver o programa. 17:00-19:00: Obradoiro de manualidades con castañas e xogos populares. (Dous grupos: pequenos e maiores) 19:00: Festival do magosto Grupo A de pandeireta: Serán en Toutón Grupo B de pandeireta: Ruada de Liñares Grupo D de pandeireta: Pasodobre de Liñares Iniciación a Baile e Música Tradicional: A Carrasquiña e A Camiño de Viseu Grupo Presolfexo e piano (David): Muiñeira...

Finalistas nos I PREMIOS GALEGOS DA MÚSICA MARTÍN CÓDAX.

Os Premios Galegos da Música nacen para recoñecer a creación, a diversidade e a calidade artística das producións musicais galegas; revelar novos talentos e achegar a música e o seu  proceso de produción ao público. O venres 15, fíxose a primeira festa de Nomeados do certame que se celebrou nas instalacións das Bodegas Martín Codax, en Cambados. María Garrido, Directora de Mercadotecnia de Bodegas Martín Códax, deu a benvida aos asistentes e destacou a calidade musical que hai en Galicia. "A adega estivo vinculada dende a súa  fundación á cultura galega que...

Arrincamos!

Co curso comezado, aproveitamos para que vexades algúns dos fermosos e bos momentos de anos anteriores. Fotos de Juan Soriano, ao que aproveitamos para darlle as gracias. LINK FLICKR Que desfrutedes.