Cantigas e Agarimos // Agrupación folclórica

Novas

Spain 360º

Cantigas e Agarimos colaborou a través deSantiago de Compostela Film Commission” nun programa monográfico sobre Santiago de Compostela producido pola compañía malasia “Parlo Tours”. O programa forma parte da serie “Spain 360º” que consta de 13 capítulos de emisión semanal nos que se mostran as principais cidades de España e que serán emitidos en Singapur nos próximos meses.

Deste xeito, Cantigas e Agarimos contribúe unha vez máis á difusión internacional da música e o baile tradicionais galegos, traballo que vén realizando desde a orixe da Agrupación.

Na súa canle de Youtube podes ver algúns dos programas xa emitidos, Europe 360