Cantigas e Agarimos // Agrupación folclórica

Novas

Reserva a túa praza para o curso 17-18

Debido á alta demanda de prazas nalgunhas actividades e ó límite no número de alumnos/as por aula, a Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos comeza o luns día 26 de xuño o prazo de prematrícula para o vindeiro curso 2017-2018. O período de preinscripcións prolongarase ata o día 5 de xullo, os luns e os mércores en horario de 18.30 a 20.30 no local da Agrupación, situado no antigo CEIP Ramón Cabanillas, rúa Castiñeiriño, 21 en Santiago de Compostela. 
 
Posteriormente, no mes de setembro, abrirase o prazo para formalizar a matrícula como todos os anos.

Á parte das materias máis tradicionais como baile, pandeireta, gaita e percusión, requinta, zanfona, Cantigas e Agarimos ofrece aulas de acordeón, piano, guitarra, clarinete, violín, canto e solfexo, dirixidas a todas as idades. Os máis pequenos tamén teñen cabida nesta Agrupación, con actividades específicas como presolfexo, música e movemento e iniciación á música e baile tradicional.

No seguinte +++ LINK +++ podes atopar o formulario para a prematrícula que será necesario entregar presencialmente nos horarios arriba indicados, tanto se xa fuches alumno/a en anos anteriores como se é o teu primeiro curso. Non quedes sen a túa praza!