Cantigas e Agarimos // Agrupación folclórica

Novas

Reserva a túa praza

O prazo de prematrícula na Escola de Cantigas e Agarimos, para o curso 2015-2016, comeza o venres día 19 de xuño.

  • Baile
  • Canto
  • Clarinete
  • Gaita
  • Guitarra
  • Música e movemento
  • Iniciación á música e baile tradicional
  • Pandeireta
  • Percusión tradicional
  • Piano
  • Presolfexo
  • Solfexo
  • Requinta
  • Zanfona

As persoas interesadas poderán descargar e cubrir o seguinte formulario:

”RESERVA A TÚA PRAZA”

Unha vez cuberto, o formulario pode ser enviado por correo electrónico a contacto@cantigaseagarimos.es, ou ben entregalo en man no local da Asociación a calquera membro do equipo de escola ou da Xunta Xestora.

Horario nos meses de xuño e xullo: Luns, mércores e venres de 20:00 a 21:30 h.

A reserva de praza ten un custo de 20 € que se descontarán no momento de formalizar a matrícula no mes de setembro. O pago pódese facer en man ás persoas arriba indicadas ou ben na conta: IBAN: ES02, CC: 2080-0316-20-3040008651 (ABANCA).

Máis información en contacto@cantigaseagarimos.es ou no telf. 618 518 524.