Cantigas e Agarimos // Agrupación folclórica

Novas

Queres aprender a tocar o pandeiro?

Despois dos obradoiros de construcción de pandeiro cadrado que se levaron a cabo nos últimos meses, Cantigas e Agarimos oferta a posibilidade de ampliar os coñecementos sobre este instrumento co obradoiro “O pandeiro cadrado na Galiza”, impartido por Xulia Feijóo e Guillerme Ignacio. O obradoiro vai dirixido a todas aquelas persoas interesadas na nosa música de tradición oral, con independencia do seu nivel de coñecemento do repertorio. A xornada organizarase en 2 partes, mañá e tarde, e trataranse tanto aspectos teóricos (historia e etimoloxía do pandeiro cadrado, breve contexto peninsular, zonificación, funcións do repertorio, contexto performativo, repertorio) como prácticos (montaxe de repertorio da tradición oral galega acompañado de pandeiro cadrado, aprendizaxe de toques, melodías e estilos, ritmos: jota, muiñeira ou rebeirana, pasodobre, chiqui chiqui, valse, rumba…)

Cando: sábado 20 de maio de 2017, de 10.30 a 14.00 h e de 16.30 a 20.00h.

Onde: local de Cantigas e Agarimos. Antigo CEIP Ramón Cabanillas. rúa Castiñeiriño, 21. Santiago de Compostela

Canto: 40 € para membros activos e alumnxs da Escola de Cantigas e Agarimos, 45 € para o resto de participantes.

Como: inscríbete en contacto@cantigaseagarimos.es ou no teléfono 618 518 524. As prazas son limitadas!