Cantigas e Agarimos // Agrupación folclórica

Novas

Pedro Brañas, nova etapa.

O ano 2013 comezou con novidades en Cantigas e Agarimos. A sección de baile inicia unha nova etapa, xa que desde o mes de xaneiro Pedro Brañas pasou a asumir a dirección artística. Pedro ten demostrada experiencia neste eido, xa que dirixe as seccións de baile e pandeireta do grupo Trébede da A.C. Loaira (Marín) e leva moitos anos como compoñente e tamén como mestre de baile e pandeireta en diversos grupos da provincia de Pontevedra (Grupo de música tradicional Vilarachos de Pontevedra, A.C.F. Trompos ós Pés de Marín, etc). Realiza tamén un importante traballo de recuperación etnográfica e precisamente este coñecemento da música e do baile tradicional levárono a participar en proxectos tan innovadores e arriscados como Projecto ['trepia].

Dende Cantigas e Agarimos queremos amosar o noso apoio e confianza no novo director, esperando poder compartir moitos bos momentos xuntos. Benvido, Pedro!