OBRADOIRO DE CONSTRUCIÓN DUN PANDEIRO CADRADO
Queres ter un pandeiro feito por ti?
Cantigas e Agarimos oferta un obradoiro de construción de pandeiro cadrado impartido por Xosé Maceda. Non necesitas ter coñecementos previos nin traer ningún material da casa, iremos aprendendo ó mesmo tempo que construímos os nosos pandeiros (tamaño 35×35 cm). Ó remate do obradoiro poderemos quedar co instrumento.
VAI SER COSER E CANTAR!
Cando: sábado 11 de febreiro de 2017, de 10.00 a 14.00h. Posibilidade de quenda de tarde en función do número de inscricións.
Onde: local de Cantigas e Agarimos. Antigo CEIP Ramón Cabanillas. rúa Castiñeiriño, 21. Santiago de Compostela
Canto: 45 € para membros activos e alumnxs da Escola de Cantigas e Agarimos, 50€ para o resto de participantes.
Como: inscríbete en contacto@cantigaseagarimos.es ou no teléfono 618 518 524. As prazas son limitadas!