MERGÚLLATE NA HARMONÍA TRADICIONAL E ARRANXO FOLC
No seu compromiso por ampliar coñecementos arredor da música tradicional, Cantigas e Agarimos ofrece de novo un curso de iniciación á harmonía tradicional e arranxo folc.
Pedro Pascual axudaranos a comprender dende un nivel cero os principios básicos da harmonía moderna co obxectivo de ampliar o noso concepto da música tradicional, respectando e comprendendo as fontes de orixe e adecuándose ó arranxo. Dirixido a todas as persoas con coñecementos básicos de linguaxe musical e con interese en coñecer as normas e aspectos básicos que interveñen na harmonía moderna ou tradicional.
O curso estructúrase en 9 aulas de 3 horas. Serían os venres de 19:00 a 22:00 h. e repartidas durante os meses de xaneiro a xuño.
- Xaneiro: 26
- Febreiro: 9, 23
- Marzo: 23
- Abril: 13, 27
- Maio: 11, 25
- Xuño: 8
O prezo do curso completo é de 180€ (Pagamento único por transferencia).
É o momento de ampliar coñecementos! Apúntate!
Máis información no teléfono 618 518 524 ou no e-mail contacto@cantigaseagarimos.es