Cantigas e Agarimos // Agrupación folclórica

Novas

Matricúlate para o curso 2015-2016

A Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos comeza o luns día 14 de setembro o prazo de matrícula para o vindeiro curso.

O período de inscripcións prolongarase ata o día 25 de setembro.

Á parte das materias máis tradicionais como baile, pandeireta, gaita e percusión, requinta, zanfona, Cantigas e Agarimos ofrece aulas de piano, guitarra, clarinete, canto e solfexo, dirixidas a todas as idades. Os máis pequenos tamén teñen cabida nesta Agrupación, con actividades específicas como presolfexo, música e movemento e iniciación á música e baile tradicional.

Toda a información sobre horarios, grupos, profesores e contidos pode consultarse na web www.cantigaseagarimos.es (sección ESCOLA-MATRÍCULA), nos teléfonos 618 518 524 / 981 939 084, ou no local da Agrupación, situado no antigo CEIP Ramón Cabanillas, rúa Castiñeiriño, 21 en Santiago de Compostela, de luns a venres en horario de 19 a 21 h.