Cantigas e Agarimos // Agrupación folclórica

Novas

Harmonía tradicional e arranxo folk (Curso Iniciación 2020)

No seu compromiso por ampliar coñecementos arredor da música tradicional, Cantigas e Agarimos ofrece de novo un curso de iniciación á harmonía tradicional e arranxo folc.

Pedro Pascual axudaranos a comprender dende un nivel cero os principios básicos da harmonía moderna co obxectivo de ampliar o noso concepto da música tradicional, respectando e comprendendo as fontes de orixe e adecuándose ó arranxo. Dirixido a todas as persoas con coñecementos básicos de linguaxe musical e con interese en coñecer as normas e aspectos básicos que interveñen na harmonía moderna ou tradicional.

DESCARGAR O PROGRAMA COMPLETO

O curso estructúrase en 9 aulas de 3 horas. Serían os venres de 19:30 a 22:30 h. e repartidas durante os meses de febreiro a xuño.

  • Febreiro: 7, 21
  • Marzo: 6, 27
  • Abril: 17, 24
  • Maio: 8, 22
  • Xuño: 5

O prezo do curso completo é de 185€ (Pagamento único por transferencia).

É o momento de ampliar coñecementos! Apúntate!

Máis información no teléfono 618 518 524 ou no e-mail contacto@cantigaseagarimos.es