Cantigas e Agarimos // Agrupación folclórica

Novas

Chocolatada Nadal19

O vindeiro venres 20 de decembro de 17:30 a 19:30h, a Escola de Cantigas e Agarimos fará unha “Chocolatada de Nadal” con todxs xs alumnxs para despedir o ano 2019.

Trátase dunha merenda compartida na que cada asistente aporta algún alimento para compartir co resto e Cantigas encargarase de preparar o chocolate.

Durante a merenda haberá musica, xogos, panxoliñas e un “Concurso de postres”. Para participar neste concurso cada un traerá algún postre caseiro. Decidiremos ao longo da tarde os postres gañadores.

Animádevos a pasar esta navideña tarde con nós! Haberá premios!