Chocolatada Nadal17
O xoves 21 de decembro de 2017 de 17:30 a 19:30 faremos unha chocolatada de Nadal
Trátase dunha merenda compartida na que cada asistente aporta algún alimento para compartir co resto e Cantigas encargarase de preparar o chocolate. Durante a merenda haberá xogos, panxoliñas e un concurso de adornos para a árbore de Nadal. Para participar neste concurso cada un traerá algún adorno relacionado coa actividade que realiza en Cantigas, colocarémolos na árbore e decidiremos durante a tarde os adornos gañadores.
HABERÁ PREMIOS! Animádevos a pasar a tarde con nós