Cantigas e Agarimos // Agrupación folclórica

Novas

Cantigas no Luar

Hoxe venres 31 de xaneiro, o grupo de baile da Agrupación Cantigas e Agarimos participará no programa Luar da TVG.

Nesta ocasión bailarase a jota e moliñeira de Pol. Adentrados en plena montaña luguesa, esta peza recollida aos veciños do concello lugués de Pol, faise en filas con puntos, consta de tres partes onde os bailadores respetaban cada unha delas, intercalando voltas en roda e tablóns. Xeralmente acompañada polos grandes gaiteros da zona. Xa no século XX se acompañaban de outros instrumentos como clarinete, saxofón, etc.

Podedes ver o programa en directo a partir das 22.00h ou en http://www.crtvg.es/en-directo