Cantigas e Agarimos // Agrupación folclórica

Novas

Cantigas de Maio

Este sábado día 26 de maio terá lugar o concerto Cantigas de Maio, organizado por Cantigas e Agarimos. Neste concerto poderemos ver todo o que aprenderon os alumnos e alumnas das aulas de piano, guitarra e violín ó longo deste curso 2017-2018, e como comezan a xurdir de forma natural as conexións entre os distintos instrumentos. Cantigas comezou sendo unha escola de baile a música tradicional, pero na que todas as músicas teñen cabida e iso é algo que do que todxs estamos moi orgullosxs.

Non perdades a oportunidade de ver o traballo de monitorxs e alumnxs este sábado 26 ás 12:00 no local de Cantigas e Agarimos (antigo CEIP Ramón Cabanillas, rúa Castiñeiriño, 21). Esperámosvos!