Cantigas e Agarimos // Agrupación folclórica

Baile

Balbino


Fecha:
Hora: 20:00h
Lugar: Valga

 “balbino” novo espectáculo de Cantigas e Agarimos. O baile e a música, como recursos obvios, e outros, non tan previsibles pero enormemente relevantes, acompañan a un reparto de máis de 90 artistas e sitúannos no escenario vital dun neno de aldea, pero dende un punto de vista orixinal. A obra de Xosé Neira Vilas serve como punto de partida para crear unha proposta multidisciplinar que medra ao longo das diferentes escenas, na que contaremos con grandes colaboradores, como o departamento de Arquitectura Efémera da EASD MESTRE MATEO ou a compañía de teatro Ditea.

Coidado ao máximo nos detalles, cheo de contido e de sorpresas, “balbino” lanza unha mensaxe sinxela pero moi poderosa.