Cantigas e Agarimos // Agrupación folclórica

Novas

Juan Carlos Mouzo Scaglione

Estas son as novas que un nunca quixera dar. Para Cantigas é un día moi triste, a perda dun gran amigo, un compañeiro e posiblemente o mellor bombo-pratos do pais.

Era un aunténtico luxo tocar ó seu lado, un puntal rítmico e con un gusto exquisito. Aprendemos moito del  e sempre nos quedarán gravadas algunhas das suas frases como, “…encima del escenario hay que ser un señor”  ou  ”…. un poco mas de polenta”.

O noso mais sentido pésame a toda a familia e amigos.

Descanse en paz

______________________

 

… Por ti, bo amigo,
xuramos
ter ben aberto
o oído
para que o teu bombo nos marque
no resto da vida
o ritmo,
abrazar con apego o seu son
anque, entre mil, soe
baixiño
porque sempre e resempre
será:
o Bombeiro, para nós,
arxentino.